Aínda que recordar doe, sempre é mellor que fechar en falso, porque a forza dos mortos nos inflúe a todas e todos sen excepción e é de necios e neuróticos tentar ollar para outro lado; como se tal cousa for posíbel.
No día, quero tirar estes dous poemas da súa reclusión na gabeta:
Cando eu era pequerrecho
e ninguén estaba morto,
podía berrar:
- Papae!
- Mamae!
E o mundo viña ao meu auxilio.
Se iso daquela non pasase,
sería outro sen me decatar
e choraría outros paraísos perdidos.
Mais ti morriches, papae,
e a vida foime así.
Pasan os anos,
xa son un home.
Mais sigo angustiado
como, cando de neno,
tras chorar ás agachadas,
soñaba
que un día voltarías.
Querido Callón:Grazas por compartir con nós os teus sentimentos.Unha aperta ao sorriso mais fermoso do mundo mundial!! Aí é nada!
ResponderExcluirEs todo un exemplo de coherencia e de ILUSION CONSTANTE no teu quefacer diario. A túa presenza na tele, na radio, no teu blob, alégranos a todos: sexan nacionalistas ou non nacionalistas coma min.Cando un loita da maneira limpa e valente como ti o fas, con argumentos e cun amplo sorriso... non debería endexamais sentirse só. Pero non te esquezas que a soedade é tamén tan humana!Coma a traición, o amor... a paixón, a beleza...
En calquera caso, sabes que a diario non estás só nesa loita a favor dos dereitos dos homes e das línguas.E, alomenos, se algúns non "valemos" para estar permenentemente en PRIMERIA LIÑA DE FOGO... si valemos para lembrarte, en días coma hoxe, que non só EL está orgulloso de ti, senón MUITOS OUTROS...e dende aqui, EU. en representación dos teus AMIGOS do Blog. Bicos mil, Callón. "MP.."
Por certo... xa vai sendo hora, de mudar esa foto...!!! xa sei que foi feita con moito agarimo... pero HAI QUE CAMBIALA!! ESE SORRISO QUE SE VEXA! así que... estou por chamar a un fotografo... e che tire unha na que saias como realmente es! ASI QUE... ou a cambias... ou comezarei unha campaña...que ríete ti da do FORO DA FAMILIA!! O que avisa...(xa sabes...)
ResponderExcluirQue bonito, Carlos. Eu tamén me lembrei. Xa pasaron 24 anos, pero os queridos nunca se olvidan.
ResponderExcluirUn bicazo.
Grazas, MP... xD Mirarei o da foto ;-)
ResponderExcluir