Xabier P. Docampo, un dos nosos escritores máis queridos e lidos, envía cada certo tempo cartas abertas sobre o noso idioma, nas cales ademais de analizar a súa situación, dá argumentos sólidos para defendelo no debate público.
A última ten como destinatario o ministro José Blanco, a quen lle lembra que "non é o mesmo non saber galego que renunciar voluntariamente a falalo e escribilo". De entre as outras varias que publicou, hai para min unha que é especialmente afortunada: a que dirixe a Pedro Arias, deputado do PP nesta lexislatura.
E xa que de lingua falo, máis unha vez, neste blog, non podo deixar de comentar a alegría de que a rede social tuenti xa dispoña de versión na nosa lingua. Un pasiño máis que nos demostra que, sen reivindicacións, non hai conquistas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário