Este é o posíbel título do meu próximo
libro, segundo os resultados que até o momento ten o inquérito da dereita, no cal podedes clicar até mañá para dardes a vosa opinión. Lembrade que só permite un voto por cada IP, mais podedes mudar o seu sentido até que fechen estas engrazadas urnas virtuais.
No momento en que escribo esta entrada, os resultados son os seguintes:
- En castellano no hay problema 32%
- Por que o chaman bilingüismo cando queren dicir diglosia? 24%
- Polo dereito a vivirmos en galego 16%
- Nin un paso atrás 9%
- Spanish no problem 7%
- A lingua invisíbel 5%
- Por un acordo nacional sobre lingua 3%
Alguén me dicía que era a primeira vez que se escollía o título dun libro en galego a través de votacións. Eu, a verdade, non pensara niso, nin sei o que poida ter de especial, se é que o ten. O que me gustaría é que, desde xa o comezo, esta obra teña unha dimensión colectiva e participativa, porque colectiva e participativa é a loita en que estamos tantas e tantos na defensa do noso idioma neste momento tan difícil, porén tan esperanzador pola resposta social.
Se é tan amable, agradeceríalle un adianto do índice.
ResponderExcluir