Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e como resposta ao anunciado decreto contra o idioma de Galiza, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha concentración na praza do Obradoiro de Santiago para a cuarta feira (mércores) 30 de decembro ás 17 h.
O PP quere que a maior agresión ao noso idioma en toda a etapa democrática pase desapercibida e sen resposta. Non o podemos permitir. Por iso, é importante que divulguemos esta concentración e participemos nela, a pesar das moitas dificultades que supón facelo con tanta rapidez e nunhas datas coma estas.
O goberno de Núñez Feijóo fai esta presentación no centro dun período vacacional e na véspera dun festivo para os medios de comunicación, como xeito de tentar evitar a reacción das comunidades educativas. Porque sabe, sobre todo despois das inmensas mobilizacións do 17 de maio e do 18 de outubro, que non conta co respaldo nin da maioría do estudantado, nin das familias, nin do profesorado, nin do conxunto da sociedade (lembrémolo: o PP goberna con menos votos que a suma dos obtidos por PSOE e BNG).
Queren que calemos e achantemos con este ataque contra a nosa dignidade colectiva, contra os nosos dereitos, contra a nosa pervivencia como pobo? Pois non o van conseguir.
Cando montedes una manifestación no Obradoiro polos "maiores datos de paro en toda a etapa democrática", igual vou eu as vosas xuntanzas lingüísticas.
ResponderExcluirChegou o PP de novo e xa vedes pantasmas por tódalas esquinas, e motivos para saír a rúa e facer o que sexa. Cando estában os outros (lembrémolo: O PSOE+BNG, aparte de que se comeron os seus propios estatutos pola ansia de poder, gobernou con un sólo escaño de diferencia con respecto o PP)
Síntoo.
Na cultura e movementos en defensa do galego vexo unha sombra e un interés turbio e político que me da noxo.
PD: O portugués non é galego. Se queres ter o Blogger en galego, fai una tradución e envíalla a Google para que a implemente, pero como din por ahi adiante: "No mezclemos churras con merinas".
Si...vemos pantasmas por todas as esquinas...polo menos vémolos..xa que ti non ves nada ou non queres velo. A verdade tanto me ten que che guste o galego ou non. Mais hai xente que a diferencia doutra moita si loita pola súa cultura e o seu idioma. Se o desmantelamento das galescolas, o retraso nas axudas para os equipos de normalización linguística (que nen sequera ocurriu na época fraga), a eliminación de subvencións de axudas para a tradución de libros ao galego (tampouco ocorreu na época fraga), a eliminación das subvencións para o audiovisual galego (agora vai todo para o español non si??), o boicote sistemático a todo tipo de concertos con grupos en galego, ou o boicote continuado a calquera exhibición, exposición da cultura galega (recordemos canto costou realizaro o ACHEGARTE sen apoio do goberno da Xunta,..cando antes se realizaba con normalidade o Cultur.gal e que tivo tanto éxito entre a poboación), a derrogación do decreto do galego, a eliminación da lei esa de Función Pública na que os da Admón tiñan que face run exame en galego para certificar o seu coñecemento deste idioma (en Irlanda, Finlandia, Escocia, Suecia etc eses exames existen desde hai décadas!!!!! pero claro...aquí resulta que é imposición...nos outros países europeos non si??) e un longo etc...se esas medidas son moi positivas para o galego...apaga e vámonos! Digame vostede xa, agora algunha medida que tivese sacado nesta nova lexislatura do PP a favor da lingua galega...cando me diga algunhas, entón dareille a razón en que vemos pantasmas!!
ResponderExcluirSinceramente prefiro ver estes pantasmas a ter que usa gafas para miopes como as que debería usar vostede!!!
"O galego non é portugués"...cando fales con brasileiros e portugueses e cando teñans un debate distendido coas Academias da lingua portuguesa ou con calquera asociación portuguesa de índole lingüística entón poderemos manter unha conversa sobre ese tema. Só che digo que con ese comentario que acabas de facer estás a mostrar un profundo descoñecemento tanto da cultura e idioma galegos como do mundo portugués. É moi fácil dicir iso cando non se ten un mínimo coñecemento nin do teu propio mundo. E cada un monta un blogue no sistema que lle peta!!! Eu teño algúns feitos no blogaliza e na blogoteca pero hai moita xente galega que o ten feito en sistemas que usan a lingua portuguesa como carátula...e que pasa? Algún problema?? É a fin do mundo? Que desgraza por Deus!!!
ResponderExcluirPor certo, as asociacións linguísticas culturales etc...nunca farán manifestacións sobre os problemas económicos dun país...en todo caso farano sempre sobre a cultura e idioma do país!! Como ben dis ti "No mezclemos churras con Merinas"...viches algunha vez á RAE (Real Academia Española) queixarse da situación económica da España? Viches as asociacións lingüísticas ou institutos varios da Lingua española facer o mesmo?? Por que terían que facelo as organizacións galegas que se dedican ao idioma e a cultura de Galicia?? Vas ben feito se esperas que as Academias Sudamericanas e a correspondente española monten unha manifestación para loitar polo emprego e para pedir melloras nos salarios e na situación xeral da economía!!!! Cando vexas unha dese estilo no mundo...por favor avísame!!!!!!!!!
ResponderExcluirNO MEZCLEMOS CHURRAS CON MERINAS!!!!!!!
Pídelle aos Reis Magos un novo teclado do ordenador, que debes ter a tegras do "!" e do "?" gastadas de tanto premelas, amiguiña.
ResponderExcluirPor partes:
-Paréceme ben o peche de Galescolas, pode ensinarse galego en tódolos ámbitos, non é necesario facer centros específicos, non ten sentido, pra o único que vale é para crear máis funcionarios, o problema deste país (Galicia e más España).
-¿Equipos de normalización lingüística? Eses deben ser os que están detras dos teléfonos que che din "Xa non se dí Enfermería, é Enfermería, cambiou hai unha semana. Ah! E se di Enxeñaría, non Enxeñería, que cambiou hai dúas semanas". Grandes equipos, sí.
-¿Eliminacion de subvencións para a traducción dos libros ó galego? Traduciranse se os lectores demandan literatura en galego. Se fose así e iso fose un negocio, non farían falta subvencións, non si?
-Eliminación de subvencións para o audiovisual galego... disto sí que me alegro, porque xa está ben de facer películas e concertos endogámicos. Non confundamos o arte coa política. E deixemos de manter a "músicos" que nin sequera son nados en Galicia, pero representan a nosa cultura, ou xamáis cantaron en galego. O Audiovisual galego ten moito que aprender de filosofías de traballo como "El Cosmonauta" e menos mendigar axudas para tomar os viños en Santiago.
-Boicote de actos da cultura galega? Que eu saiba, o CGAC segue aberto, a Fundación Luis Seoane tamén, os Premios do Auditorio concedéronse (e moi ben concedidos...) o MARCO segue a tope...
-Comparar o galego, que é co-oficial en Galicia (só en Galicia) co Sueco... hai que ter valor. E para non contratar a un traballador mellor que a outro que fala galego... tamén hai que telo. Da igual que as cousas non funcionen, fálanme en galego no hospital. Moi ben.
-Este goberno do PP está bastante pouco preocupado polos dramas da lingua, está máis ocupado coa economía.
-Xa, xa vexo que en charlas, auditorias e ponencias sobre Brasil, Portugal está vostede servida, pero o galego non é portugués. É así. É un feito. Nin o galego é español. Nin o español é portugués, non hai máis volta. O unico que digo é que defender o galego desde un blog en portugués é tan estúpido como facelo desde un en español ou en sueco.
-Non, as asociacions lingüísticas culturais non lle preocupan os autónomos en quiebra ou a xente sen traballo, ahí tes toda a razón, Mar.
>>>CGB
Por certo, bravo por poñer a manifestación ás 5.
ResponderExcluir¿Non traballa ninguén de tarde ou qué?
Sei eu de un grupo "pequeno" de "currantes" que ás tardes libran, así que poderán ir.
Os que curran por manter o seu posto, que non é vitalicio, non poderán ir.
Qué magoa.
Compañeiro: a manifestación ponse ás 17 h do 30 de decembro porque é cando se realiza o derradeiro Consello da Xunta do ano.
ResponderExcluirSomos os primeiros en criticar este procedemento por parte do Goberno galego. Só lles falta presentar o decreto de madrugada no medio dunha fraga perdida.
A convocatoria é de comezo, non de remate. :-)
ResponderExcluirSaúde.
...outra cousinha: nisto estamos tod@s, polo que fago a petición de que se chame tamén ás outras plataformas todas.
ResponderExcluir+ saúde.
Coma sempre aparecen as voces críticas ás que nadas lles vale e descólganse anonimamente cos seus múltiples comentarios que en conclusión veñen a deixar claro que nin saben nada da historia da nosa lingua, nin a aman. Alá cada quen, se algúns pensan que a hora é mala, que o día é malo, que chove moito, que xa estamos os de sempre contra os desempre, pois nada, que sigan na súa casiña diante do teclado dándolle duro, que si, si, cometemos moitos erros, e precisamos que nolo digan.
ResponderExcluirOs que amamos a nosa lingua mollarémonos até onde faga falta, metaforica e literalmente.
En todo caso aí vai esta canción de Silvio Rodríguez para as dúbidas: http://www.youtube.com/watch?v=UsLKyYa2nfg ("La era está pariendo un corazón")
Feliz Ano 2Q1G
ResponderExcluirPor favor, non se zangue. :-)
Queremos Galego.