Hai xa unha década que escribía un artiguiño sobre el e a homosexualidade, que publicara no semanario A Nosa Terra e amabelmente decidiu reproducir tamén Vieiros (aínda que sen a parte final, que anunciaba os actos de Galiza Nova que eles colocaran como noticia; de aí esa estraña conclusión).
Lendo o que redactei con 21 anos, penso que só poría algúns matices no relacionado coa "Oda a Walt Whitman". Ademais, marabíllome de ver como hai algunhas cousas que daquela parecían utopías e hoxe son realidades a coidarmos.
[A fotografía é un autorretrato do autor en Bos Aires en 1940, que se pode ver dentro do libro Eduardo Blanco Amor: A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973.]
Ía dicir que non concordo nada contigo no respecto á "Oda a Walt Whitman", cando lexo que porías matices a isto... supoño que á visión en perspectiva e con máis anos débese isto...
ResponderExcluirefectivamente, non sei ti, pero eu si, estou dacordo con Lorca cando diferencia entre "homosexuais" e "maricas", e para nada vexo homofobia neste canto á verdadeira virilidade, que non ten que ver coa orientación sexual, e nin sequera coa masculinidade que nos venderan ata hoxe, é algo a medio camiño e que non sei ben definir, pero no que estou dacordo co poeta granadino: e se a súa oda é "homófoba", entón eu sereino tamén ;)