Como sabedes, a forma gañadora finalmente foi a máis provocadora, mais que tamén convida á reflexión: En castellano no hay problema.
Como retiro xa a caixa da enquisa, deixo aquí constancia de que participaron 79 persoas, cos seguintes resultados:
- En castellano no hay problema - 30 votos - 37%
- Por que o chaman bilingüismo cando queren dicir diglosia? 15 votos - 18%
- Polo dereito a vivirmos en galego -14 votos - 17%
- Nin un paso atrás - 6 votos - 7%
- Spanish no problem - 5 votos - 6%
- A lingua invisíbel - 5 votos - 6%
- Por un acordo nacional sobre lingua 4 votos - 5%
Este libro quere contribuír nesta batalla, tamén das ideas, que estamos a dar. Como temos razón, non imos contra ninguén e dicimos a verdade, non hai dúbida de que, máis cedo que tarde, venceremos porque convenceremos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário