7 de jan. de 2010

Este é o consenso


Estas dúas fotos de aquí arriba son do 23 de febreiro de 2007, cando a conselleira de Educación e representantes do PP, do PSOE e do BNG presentaban o decreto 124/07, que regula que o galego teña unha presenza de ao menos o 50% nas diferentes etapas do ensino non universitario. Concretábase así, por fin, un acordo unánime do Parlamento de setembro de 2004, no cal se instaba ao Goberno a que se lexislase nese sentido.

Á conselleira, Laura Sánchez Piñón, acompañábana nesa xornada Manuela López Besteiro e Ángel Bernardo Tahoces, do PP; Guillermo Meijón e Francisco Cerviño, do PSOE, e Manuel Parga Núñez e Bieito Lobeira, do BNG.

Véxanse estas fotos e comparése coa presentación do decreto contra o galego realizada unilateralmente, con nocturnidade e aleivosía por Alberto Núñez Feijóo en vésperas de fin de ano. Onde está a imposición e onde o consenso?

5 comentários:

  1. Un saúdo Carlos!

    envíche link a un artigo sobre o tema:

    http://millansocial.blogspot.com/2010/01/tempo-de-chorar.html

    Apertiñas.

    ResponderExcluir
  2. Non hai imaxes en video desa presentación do decreto? non estaría mal que circulasen

    ResponderExcluir
  3. Tes un álbum de fotos políticas ou localizáchelas nalgures? :-) Fixen unha anotación ao respecto no blog e apenas dei con fotos daqueles días. Mesmo hai xornais que nas súas hemerotecas semella que borraron calquera referencia á noticia.
    Parabéns por sacalas á luz.

    ResponderExcluir
  4. Perfecta diferencia entre o antes e o despois

    ResponderExcluir
  5. Uma foto (ou duas) fale mais do que mil palavras. Polo menos às vezes.

    ResponderExcluir