Cando neva en Santiago a xente sorrí pola rúa, colle o móbil para avisar aos seus de que está a vivir o acontecemento e para tirar fotos que dean testemuño. Eu tamén o fago.
A primeira vez que vin a neve foi en Ribeira, onde é un fenómeno aínda máis extraordinario. Penso que foi en 1986. Miña nai ergueunos a todos para irmos á escola ao berro de: "Esta noite nevou!" Nós pensabamos que se refería a que había xeada, mais cando miramos pola xanela vimos con sorpresa o campo de enfronte da casa, o campo dos nosos xogos, non esbrancuxado, senón branco.
Ese día no colexio non demos clase, senón que xogamos co profesor Ventura a facermos un rudimentario boneco como o que víramos, tantas veces, nas películas.
Que rabia! Eu debería estar aí!
ResponderExcluirNon, foi no 1985 e dígoche a data exacta porque era o aniversario do noso irmán Juan, 14 de xaneiro.
ResponderExcluirQue recordos!!!
Bico.
Non, Mar. É imposíbel que fose en 1985. Como mínimo, tivo que ser en 1986. xD
ResponderExcluirEstiven a procurar información no google e non a encontrei, mais eu apostaría a que foi como mínimo no 86, se non máis tarde. Agradécese que achegue datos quen os teña ;-)
Mañá preguntareille a miña nai... :)
ResponderExcluirEu acórdome dese día tamén como se fose onte, porque ademais teño fotos xogando na neve, e non en Ribeira, senón noutra vila costeira, Sada, que é onde vivía á sazón (pódese dicir á sazón? xD). Eu nacín en Coruña...
E todo isto mentres escoito "Verdes sao os campos", e non, non son verdes, que son brancos esta vez...:)
1987 Segurisísimo!!! Estabamos meu irmán e eu na cama con varicela e non puidemos disfrutar dese marabilloso e inusual día de neve en Ribeira!
ResponderExcluir