O grupo Correo Gallego situoume, como presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, entre os 125 galego máis influentes, en concreto no posto 104. Penso que é a primeira vez que un dirixente desta asociación ocupa un dos postos máis destacados deste ránking anual no que se inclúen políticos, empresarias, escritores, xornalistas etc.
Esta situación paréceme especialmente salientábel despois de que A Mesa padecese tamén os ataques máis fortes dos seus 24 anos de ininterrompida historia e actividade.
Vemos, así, que a pesar das adversidades e das ofensivas, A Mesa segue aí dando a batalla, resistindo e sendo capaz de incidir máis e mellor, ampliando a súa base. Porque a chave de todo está en combinar traballo e persistencia.
Somos unha organización debilitada polo poder (cantos casos hai no mundo en que a maior asociación cultural dun país non teña axudas públicas do seu goberno?!), porén afortalada desde a súa base social.
Se agardan que calemos a boca, o que poden facer é seguir agardando.
Noraboa Callón!Eu sei dalgún conselleiro de educación...que estará a rabear por saires detrás de tí na lista dos 125máis influintes. Bicos...MIL.
ResponderExcluirLol! e parabéns
ResponderExcluirBen por ti!!
ResponderExcluirAlédome moito, aínda que, por min, terías que estar máis arriba :D
Parabéns!
ese ranking está vergoñosamente guisado por eles(a dereita española), non ten valor ningún, só hai que ver no político para ver de que perna coxean. Até no deportivo aparecen David Cal e Pereiro de primeiros, esquecéndose incluso de Michel Salgado que non aparece en todo o ranking(e até podería ser da súa corda...). Do mundo da empresa, o PRESIDENTE DE HIJOS DE J. BARRERAS aparece de último, de nº125. É independentista ou que...
ResponderExcluirSeguramente esteas máis enriba, se alguén quere contrastar algún que mire os resultados de procurar por "nome apelido"(Jesús Vázquez non vale) no Google, que mide a presenza mediática(aínda que non o poder ou os cartos).
Con toda franqueza, non entendo este post nos termos nos que está redactado.
ResponderExcluirHahahaha. Non sobredimensionemos! xD
ResponderExcluirHai que valoralo como o que é: un ránking elaborado por un grupo de comunicación importante, que tamén constata o labor e a incidencia social da Mesa, que xa querería ter a influencia de Barreras... ;)
Amigo Artemio, como o entendes? Por certo, xa que pasas por aquí aproveito para dicir en voz alta algo que pensamos moit@s: RETOMA O TEU BLOG! FASNOS FALTA!
Si señor! Carlinhos próximo conselleiro de Cultura! ;)
ResponderExcluirEu tamén penso que en realidade terías que estar máis arriba.
ResponderExcluirEu penso que Callon tería que estar nunha lista de manipulador de persoas e ideas e folloneiro; sería o seu lugar ideal
ResponderExcluirVolvo ser o anónimo do 28/01/2010 12:46:00
ResponderExcluirVou facer unha brincadeira, aínda que é a pura realidade. A ver como explicaba El Correo Gallego que o presidente d'A Mesa non é influente, nomeándote tanto nese medio
489 que conteñen "amancio ortega" atopados no dominio elcorreogallego.es
http://www.google.com/search?hl=gl&as_qdr=all&q=%22amancio+ortega%22+site%3Aelcorreogallego.es&btnG=Buscar
6.100 que conteñen "carlos callon" atopados no dominio elcorreogallego.es
http://www.google.com/search?hl=gl&as_qdr=all&q=%22carlos+callon%22+site%3Aelcorreogallego.es&btnG=Buscar
(Amancio Ortega é o nº2 da lista de El Correo Gallego, e dos poucos que están onde máis ou menos lles corresponde nese ranking)