20 de jan. de 2010

Outra xenialidade de Roberto Varela

O conselleiro de Cultura, o inefábel Roberto Varela, afirmou onte na Coruña que "la cultura gallega está ensimismada y a veces acomplejada". É o mesmo que se estreou declarando a xoia de que "la cultura gallega está bien, pero limita".

Ante isto, só podo dicir dúas cousas:

1) Hai que ser moi acomplexado, renegar moito das propias raíces e ter escasa formación cultural para dicir algo como isto.

2) Este home non se merece o cargo que ocupa.

7 comentários:

  1. Está claro que tanto el como Feijóo e outros cantos amiguiños deles non son máis ca unha panda de acomplexados.
    O outro día cando saiu Feijóo na Galega dicindo que el quería que aos nenos galegos non lle pasara o mesmo ca el cos idiomas, pois mira alguén terá que dicirlle que se anote na Escola de Idiomas en vez de intentar afundilas,nunca é tarde para aprender.
    Bicos

    ResponderExcluir
  2. Non o entendo, de verdade, por moitos anos que viva non comprenderei a forma de pensar dos arrenegados, todo o que deixan perder... en fin,
    un saúdo e avante dende Catalunya !!!

    ResponderExcluir
  3. Callón vaite preparando, co éxito que vai ter a folga e a manifestación, o conselleiro de educación ou che cede o seu posto, ou te nomea secretario de politica lingüística. Entón todo íría ben, a lingua castelá sería en galego e o inglés tamén, todo galego 100%, nin inmersión, nin diglosia, nin bilingúísmo.E chuparías do bote ao 100%. Vaia personaxe que eres.

    ResponderExcluir
  4. A parte de convocar folgas, protestar por todo o que fai a conselleria, recibir cartos...que outra misión ten a mesa de nomalización lingüística?
    gustaríame saber algunha actividade concreta que fai, porque eu non coñece ningunha, xa que para inspeccionar hai un corpo de inspectores na conselleria.

    ResponderExcluir
  5. Quen paga os autobuses para ir a manifetación, porque por 6€ o monbus non ten billetes de ida e volta a Santiago?

    ResponderExcluir
  6. Para o ignorante ou peor, malicioso, que escribiu a entrada anterior, direille que un billete normal desde Ourense custa dez euros de media, e de tren sete con cincuenta. Así que cale.

    ResponderExcluir
  7. Haha, ese home non sería o mesmo que, ocupando un cargo de conselleiro de Cultura no Xacobeo anterior, dixo o de "Ainhoa e Arteta", e que mentres houbese cartos, teriamos un gran Xacobeo???


    Deixar a cultura en mans de iletrados, que diría Unamuno...

    ResponderExcluir