5 de fev. de 2010

Desmontando a galegofobia


O libro 55 mentiras sobre a lingua galega ten hoxe unha presentación de Guinnes, con 69 lugares do mundo dando a coñecer este libro de forma simultánea. Aquí e aquí podedes consultar cal é o acto que vos queda máis próximo. Eu irei escoitar e aplaudir ás 20.30 h na libraría Couceiro de Santiago aos compañeiros Xosé Luís Regueira, Antón Dobao e Mª do Carme Ríos Panisse.

Quen non vos poidades achegar a ningunha das numerosas presentacións, sabede que tamén podedes ver en directo, desde aquí, a presentación en Vigo, con Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado e Xosé Henrique Costas. Este último, sempre dinámico, activo e pedagóxico na defensa do noso idioma, foi o coordinador deste volume para ler e agasallar.

A profesora Pilar Ponte preparou esta presentación coas respostas a 20 das falsidades que se verten contra o noso idioma:

2 comentários:

  1. Moi ben, Carlos.
    Prolingua e Queremos galego son dúas plataformas diferentes pero co mesmo obxectivo. E fas moi ben e publicitar os eventos das outras plataformas.
    Ainda máis: e, non sería boa idea remitirlle un exemplar (de balde) ao Sr. Núñez Feijoo?.
    Saúde e éxito.

    ResponderExcluir
  2. Moitas grazas, só me gustaría facer unha puntualización por non levar méritos que non son meus, se ben a elaboración da presentación é miña, a selección dos textos é da autoría de Quique Costas, o coordinador do volume.
    Saúdos.

    ResponderExcluir