4 de fev. de 2010

Nine: un filme malogrado

Encántanme os filmes musicais. Desde The Sound of Music até Dancer in the Dark, pasando por Cabaret, Chicago, Moulin Rouge, Hedwig and the Angry Inch, Mamma Mia! e tantísimos outros. Atráenme ademais as películas con protagonismo coral feminino, como 8 femmes e Volver.

Pensaba que en Nine había algo disto, mais todo o que encontrei foi unha trama superflua e previsíbel, cunhas cancións orixinais malísimas e ridículas, nas que o hortera mesmo se presenta como algo tan sublime e profundo que só produce vergoña allea.

Aínda que algunhas actuacións poñan todo o seu esforzo en salvar as planísimas personaxes do filme e a fotografía estea moi coidada, desaconséllovos pagar entrada por ver iso.

3 comentários:

  1. Tendo en conta que actúa Pe... normal... O de Mamma Mia a min tamén me gustou moito. saúdos.

    ResponderExcluir
  2. Pois a min PE gustoume moito nunha película pola que gañou o premio mais importante de Italia (o Donatello)titulada "Non te movas". Con ese mesmo papel acadou o premio JAMESON do público nos Premios doCine Europeo.A rapaza ten un mérito incrible.Parabéns Pé!

    ResponderExcluir
  3. Si, a min Penélope Cruz non me parece en absoluto má actriz. De feito, en Volver penso que borda o papel e que en Vicky Cristina Barcelona é do mellor do filme.

    A peli esa pola que gañou o Donatello aínda non a vin.

    ResponderExcluir