7 de fev. de 2010

Porque se amas serás o abandonado

Un precioso poema de Pilar Pallarés, do Livro das Devoracións, reeditado o ano pasado e que vos recomendo que compredes e leades quen aínda non o fixésedes:

Arte do gato

Ollar pausadamente o mundo desde lonxe
porque chegache ao alvo,
atrapache a sua eséncia
e era de desposesión.

Pero às veces o mundo ten a forma
deste sol de mañá que aquece os músculos,
deste ceu maternal que te amolece:
dar-se por hoxe ao éxtase,
render-se ante este asédio,
fazer como que a vida decidiu a xogada
e ten o rosto de deus.

Indolente e soberbo,
epicúreo
e escéptico,
contemplar o vazio na multiplicidade
e non desexar nada
e non amar
porque o amor é ficción, o anseio un canto
que as sereas erraron,
porque se amas serás o abandonado.

Deixar que as águas pasen
e os exércitos,
e un dia máis se incline baixo o peso de Hércules.

Só unha lene araxe arrepia o teu flanco,
distende a tua pupila.


5 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  2. MMM, reeditouse O livro das devoracións? Non o sabía! Tantos anos a procuralo!...

    ResponderExcluir
  3. A min, Carlos, éme moi complicado escoller un poema do Livro; gústanme todos. Misteriosamente, o exemplar que tiña desapareceu dos meus andeis, emprestaríallo a alguén?
    Unha aperta

    ResponderExcluir
  4. É ben complicado escoller un poema do Livro das Devoracións, abofé!

    ResponderExcluir