Gustoume este artigo de Rexina Vega n'A Nosa Terra:
Chatroulette
A rapaza de Boiro amaña o fondo que abrangue a ollada da súa webcam. Posters significativos, algún libro, un enorme peluche... Un rapaz de Milwakee senta diante da súa computadora cun aquel de nerviosismo e peitéase aproveitando o reflexo da pantalla. En Taipei outro mozo ensaia a súa voz, á procura do ton máis grave e sedutor. Todos abren agora o navegador dispostos a xogar a chatroulette, un novo servizo de videoconferencia que te conecta abitrariamente con absolutos descoñecidos. Este novo enxeño supón un paso máis na voracidade comunicativa dos nosos días. Unha nova forma de relacionarse que, queirámolo ou non, estanos xa a mudar por dentro. O ritmo é vertixinoso. Só conta a primeira impresión. Se non che gusta o que ves abonda con premer no boton de “seguinte”. A rapaza de Boiro tatéxalle, nun inglés primitivo, algo enxeñoso ao adolescente de Milwakee, un silencio incómodo: next. Aparece agora na pantalla o mozo de Taipei. Encadéanse as frases, sen demasiado sentido, calíbrase o atractivo de cada quen, uns segundos de dúbida: next. Pasan moitos 20, 30... pola pantalla da nosa rapaza en Boiro, que remata pechando o ordenador cunha sensación de frustración, co ego dolorido. Porque neste xogo, como no das outras redes sociais volvémonos vulnerables dunha maneira inédita. Por que me suprimiu como amigo? Por que non teño comentarios no meu post? O eu exposto nunha praza pública planetaria na que intercambiar relacións ao ritmo salvaxe da moviola. E aquí estamos todos:obrigados a procurar unha identidade dixital e a reflexionar sobre o interese e atractivo das nosas fantasmas!...
Ligando o artigo coa admirada Lady Gaga:
ResponderExcluirhttp://www.youtube.com/watch?v=8qBFNaA7u1E
;)