23 de mar. de 2010

'Teño dereito a ler sen darme conta'

Estou pendente de falar aquí máis polo miúdo das últimas manipulacións informativas da TVG, do novo paso da Xunta reducindo a presenza do galego en campañas institucionais, así como da actitude chulesca e obsesiva do Valedor do Pobo contra o noso idioma.

Mais permitídeme que hoxe só chame a atención sobre esa frase que puxen como título desta entrada e que inaugura un novo dereito humano, a sumar ao dereito á ignorancia do galego que tanto tempo leva defendendo o PP. A idea dese novo dereito soltouna hoxe o conselleiro de Cultura no Parlamento galego.

Improvisouna? Ou escribíronlla e leuna sen darse conta?

5 comentários:

  1. Xesús,é que non lle da para máis a cabeciña? Este home non é normal !!!!

    ResponderExcluir
  2. Claro que sí, sentado no sofá da súa casa. No Parlamento o único que terá dereito a ler sen darse conta do que lee será a súa ¿acta? de dimisión por incapacidade.

    ResponderExcluir
  3. Cando unha intelixencia como esa se exhibe dunha maneira tan brillante, na miña aldea din:

    É MÁIS PARVO CA POUCO ou

    É OCORRENTE COMO O QUE DERRETEU A MANTEIGA NA PETRINA.

    ResponderExcluir