Cada vez, conforme se aproxima o 17 de maio, a actividade vólvese máis frenética. Esta mañá estiven en Pontevedra co compañeiro Kiko da Silva para denunciarmos unha multa, ben irregular, que quere imporlle a Delegación do Goberno a Queremos Galego porque entende que non solicitou con suficiente antelación a licenza para mobilizarse durante media hora nunha praza peonil en Pontevedra... A Delegación do Goberno enténdeo como falta moi grave e aplícalle máis do duplo do mínimo tipificado para este tipo de sancións. Funciona a Delegación con este criterio cos partidos políticos que festexan os resultados das eleccións sen solicitaren licenza ningunha? E aos seareiros futbolísticos? De verdade Queremos Galego causou algún inconveniente a alguén?
Por outra banda, esta tarde comezarei a impartir un curso no Concello de Muros baixo o simpático nome "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez". Esta acción enmárcase dentro dunha campaña que A Mesa desenvolve en colaboración coa Deputación da Coruña. Ao acto de presentación acudirá tamén o alcalde da vila, Domingos Dosil.
Vaia
ResponderExcluira problemática de sempre
(calquer día volven estar prohibidas
as reunións de máis de 4 persoas)
síntoo :S
de tódolos xeitos
o asunto do teu curso chámame a atención...
escríboche polo facebook ;)
Gústame o curso,"Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez".
ResponderExcluirLembro en Compostela cando falabas de que unha lingua desaparecía por un proceso de substitución da lingua propia por outra, ou polo "touriñismo" ou galego de "andar pola casa".
Sabes?, cando traballaba no mar, Había unha peza do aparello de pesca que os mariñeiros chamaban "pié de ghallo", non sei si`por tradición, si por antigüidade ou ben po rito,o caso é que non lles sentaba nada ben que ao "pié de ghallo" eu lle chamara pé de galo. Exemplos hai centos polo tanto e moi boa iniciativa ademais de necesaria.
Ese curso sentaríame ben.
Saúde e peixe