22 de abr. de 2010

Evo Morales e a homosexualidade

Unhas declaracións de Evo Morales contra os efectos na saúde humana dos alimentos transxénicos ou adulterados deu pé a unha serie de manipulacións bastante impresentábeis, tamén en medios considerados formalmente de esquerdas. Mesmo se puxeron titulares asegurando que o mandatario boliviano achacaba a causa da homosexualidade estaba en comer polo. Os medios máis homófobos, como Intereconomía (e prefiro non pór ligazón para non lle dar visitas) tamén se despacharon contra o presidente Morales.

Velaquí tedes o vídeo coas declaracións concretas:



Como vedes, aínda que esa emisora de televisión poña como texto sobreimpreso "Hay más gays porque comen pollo", o que escoitamos non é iso, senón: "El pollo que comemos está cargado de hormonas femeninas. Por eso, cuando los hombres comen esos pollos, tienen desviaciones en su ser como hombres."

De onde se tira que a "desviación" sexa a homosexualidade? Quen di que o "ser como homes" sexa a heterosexualidade? A homofobia está nas palabras de Morales ou en quen reinterpreta o seu discurso?

Agardo que alguén desde Bolivia poña orde nesta manipulación que pretende desprestixiar internacionalmente as profundas e xustas transformacións sociais que están a protagonizar nese país. Á espera diso, o que me parece máis claro na literalidade das súas palabras é que fala dalgunhas das causas fisiolóxicas que se lle atribúen á impotencia ou disfunción eréctil; aínda que tamén podería ser ao comentado aumento da esterilidade masculina pola má alimentación e a contaminación ambiental, de que falan os medios de comunicación cada certo tempo.

O que tamén me chama a antención é a alegría coa que os grupos e medios de comunicación máis combativamente homófobos tamén se unen ao carro de criticar a Evo Morales. Non é curioso que un presidente que foi e é "acusado" de homosexual sexa agora polos mesmos sectores acusado de homófobo?

11 comentários:

  1. Eu o que vexo é que o Evo dio medio en broma, hai risas no público e máis hai unha complicidade nel cando o di. E xusto despois córtase o vídeo... en fin casualidades da vida, xa sabedes...

    ResponderExcluir
  2. Manipulacións intereseiras, bah.(Gon)

    ResponderExcluir
  3. concordo totalmente contigo carlos. a verdadeira noticia e que evo morales, mandatario de un dos paises mais pobres do planeta, emprega o seu esforzo e recursos publicos, non en evadir cartos a paraisos fiscais ou reprimir a xente, como corresponde, senon en organizar un encontro alternativo para tratar a problematica do clima, un asunto totalmente fracasado na, politicamente correcta, iso si, cumbre de copenague. seguramente non voltaremos a escoitar nada mais dese encontro, que deberia cubrir de vergonza aos paises occidentais.
    mais ainda, as referencias que evo fixo a cocacola, as patacas holandesas e o polo de granxa, lonxe de ser delirios, teñen un gran sentido para calquera que teña un minimo coñecemento da realidade boliviana e o sentimento andino en xeral.
    os tres casos reflexan problematicas moi concretas das consecuencias dramaticas do colonialismo para as populacions dese pais e a sua soberania e seguridade alimentaria. Non sei agora que foi que dixo "neste prato podo ver o sofremento do mundo"...
    en calquera caso o curioso do cambio climatico e precisamente, que abre amplos espacios para que xente de todos os rincons do mundo critique os cambios da modernidade, mentres aqui falamos de emisions de gases en bolivia se fala de polos e patacas, e que?
    so joderia agora que amais de impoñerlle-las causas do desmadre ambiental no que se atopan lles deramos tamen leccions de como interpretalo!

    ResponderExcluir
  4. Completamente dacordo contigo. O vídeo non me di nada, e nin Evo di nada en ton de brincadeira, nin hai risas ni complicidade por ningures. O que vexo non é máis que un paradigmático exemplo de atroz manipulación informativa, e de mal xornalismo, xa desde o mesmo rótulo envelenado: "Hai máis gais porque comen polo", ou algo así, que non ten nada que ver co que Evo di, que é, loxicamente, que os transxénicos aumentan a impotencia e a esterilidade, algo completamente razoábel.

    Señores supostos defensores dos dereitos dos homosexuais, os mesmos que pertencen a dereita máis rancia, piden dereitos para si e despois votan ao partido que máis lles nega eses dereitos, por que non len a noticia enteira, e, SOBRE TODO, os comentarios da xente? Basta de ser politicamente correctos e quedar coa superficie das cousas... Este señor, que está levando polo bo camiño (dende logo, o que eles elixiron) ao seu país, EVO MORALES, NON FALOU DE HOMOSEXUALIDADE EN NINGÚN MOMENTO, SON OS MEDIOS OS QUE MANIPULARON AS SÚAS DECLARACIÓNS E AS (MAL)INTERPRETARON CO FIN DE FACER CAMPAÑA CONTRA EL. En ningún momento falou de que a xente voltase homosexual por comer polo, as "desviacións no seu ser masculino" se refiren a descenso de testosterona e espermatozoides, impotencia, infertilidade... o cal por outra parte é verdade neste mundo "desenvolvido"... aprendan a ser críticos y non queden coa primeira versión que lles conten. Casos como este fanme sentir vergoña dos que din exercer a miña profesión...

    ResponderExcluir
  5. Referíame á noticia aparecida na versión dixital de Público, que é a que eu cnsultei, cos seus correspondentes comentarios...

    ResponderExcluir
  6. Para CArlos Callón,Xurxo/Jordi/Gorka/Jorge/Georges/Γεώργιος/豪尔赫 E se em vez de interpretar tanto as palavras do presidente, acudides a calquer associação de gays na Bolívia e preguntades que tal que o levan alí, Qual é a sua opinião ? Ou é Que não existem gays na Bolivia coma en Polônia ... ou que não há gais associações?Ao pao pa0 e ao vinho vinho.O Evo dixo o que quixo dicir.Un homofobo mais.

    ResponderExcluir
  7. EVO ANALFABETO E BOTARATE.

    ResponderExcluir
  8. A min non me acaban de chamar a atención as declaracións do Evo Morales, nin tampouco adiviñar exactamente o sentido das súas palabras, nin a interpretación que se pode derivar...
    O que si me chama a atención é que os medios occidentais dos nosos exemplares estados "democráticos" lle dean tanta importancia ao Perú e se esquezan do duro que é -aínda hoxe- vivirmos abertamente e con naturalidade a homosexualidade na Galiza, en Europa e nos estados do "avanzado" mundo occidental. Con canta represión..., con canto medo... e con canta hipocrisía se vive a homosexualidade no mundo occidental, aínda que se queira aparentar o contrario!!!
    Non hai que ollar tanto para o Perú, hai que ollar máis para o que temos na casa por solucionar, que é moito.

    ResponderExcluir
  9. Concordo totalmente co que acabA de escribir o que me precede.E como rectificar é de sabios, quero suliñar AS ACLARACIONS QUE O GOVERNO DE EVO FAI hoxe EN TODOS OS MEDIOS ESCRITOS, DICINDO QUE NUNCA O PRESIDENTE TENTOU INSULTAR AOS HOMOSEXUAIS.Asi pois, reafirmome en que EVO é un analfabeto e un botarate, pero dende logo non é un homófobo como din algúns comentarios. AO CESAR O QUE É DO CESAR. En calquera caso... NOn nos merecemos os cidadáns do mundo uns politicos un pouco mais cultos? Ou menos "Lanzados" á hora de falar...?

    ResponderExcluir
  10. Para o anonimo,que exculpa a evo da sua homofobia pero o califica como "analfabeto".
    Mira, non sei si evo e analfabeto, pero non creo que esa condicion debera servir para degradar a ninguen.
    Sobre o que ti dis "non nos merecemos os cidadáns do mundo uns politicos un pouco mais cultos?" Pois si, claro, pero de que mundo e de que cidadans falas? sera do noso, no cal as posibilidades de acceso da cidadania a educacion e a participacion en procesos de eleccion "democraticos" estan fora de question, pero iso, mijiño, non e o caso de Bolivia. Ali, so para poder elexir a ese presidentiño "analfabeto" do que ti falas tiveron que morrer 65 persoas en enfrontamentos co exercito nas revoltas do 2003.
    Pero xa que falas de analfabetismo en Bolivia vouche recordar unha cousa, porque te vexo mal informado. (cito El Pais, non precisamente afin a Morales).
    "Bolivia se ha convertido, tras las experiencias de Cuba y Venezuela, en el tercer país de América Latina en alcanzar uno de los Objetivos del Milenio propuestos por las Naciones Unidas: la erradicación del analfabetismo...Estos programas, de los que Morales ha hecho un asunto de Estado, han servido para alfabetizar a 819.417 personas, el 99,5% del total de analfabetos que tenía el país, y aumentar con ello el índice de alfabetización de Bolivia a algo más del 96% de su población."
    http://www.elpais.com/articulo/internacional/Bolivia/vence/analfabetismo/elpepuint/20081221elpepuint_1/Tes

    Recordoche que antes do presidente "analfabeto" houbo outros con importante formacion academica en universidades extranxeiras (sonache "Goni"), pero seica non lle deron tanta importancia a solucionar ese asunto, como ti dis AO CESAR O QUE E DO CESAR.

    cando preguntas: "non nos merecemos os cidadans do mundo uns politicos un pouco mais cultos?" eu te preguntaria de volta: de que mundo e de que cidadans estas falando? refireste a Bolivia e aos Bolivianos/as? por que nese caso haberia que falar, primeiro, do acceso que historicamente tivo ese povo a educacion (evo morales incluido) e, segundo, a traxectoria que levou a evo morales a ser presidente do seu pais. non sei si para ti

    ResponderExcluir
  11. Seja uma coisa ou seja outra, isto é verdade: o facto de sermos partidários de uma pessoa não quer dizer que essa pessoa vá ter sempre a razão. Ser mais papista... nunca é bom.

    ResponderExcluir