15 de abr. de 2010

O xesto de Berrogüetto

Cómpre agradecerlle a todos e cada un dos compoñentes do histórico cartel do macroconcerto deste sábado o seu apoio á xusta causa da defensa da lingua galega. Todos e cada un cantan e tocan por amor ao idioma e facendo un oco nas súas complicadas axendas.

Hai, de entre todos, dous grupos que talvez desperten máis expectación debido a que este concerto vai ser un dos primeiros marcos de presentación dos seus novos traballos. Falo de Lamatumbá e Berrogüetto.

Déixovos aquí o vídeo do "Alalá da noite" das Kosmogonías acabadiñas de estrear. A letra da canción é de Manuel Rivas:

3 comentários:

  1. Atopo inxusto destacar a uns sobre os outros coa excusa de estreo de novas cancións ¿Tamén aquí se vai dar a manipulación Carlos???????????

    ResponderExcluir
  2. Compañeira ou compañeiro: o agradecemento é a todos os participantes, claro. Un agradecemento inmenso, ademais. Gustaríame que non se interpretase doutra forma. O feito de que Berrogüetto, Luar na Lubre e Lamatumbá ademais presenten temas novos é un atractivo a maiores que non se pode deixar de indicar.

    Aínda máis: hai que agradecerlle tamén a toda a xente que querería participar e, por diferentes razóns organizativas ou de axenda, non puido facelo. É unha mostra de que a cultura galega está viva e comprometida, non acomplexada e ensimesmada como insultou o triste conselleiro de Cultura co que nos toca apandar.

    ResponderExcluir
  3. É a primeira vez que escoito a Berrogüeto con este novo cantante. Gústacheme ben.

    M. Bermúdez

    ResponderExcluir