O exército de Israel asasinou en augas internacionais a cando menos dez voluntarios que se achegaban a Gaza con axuda humanitaria e bandeiras brancas. Unha vergoña que debería traer consecuencias de verdade nisto que se chama a comunidade internacional, mais tamén nos nosos poderes públicos e na nosa actuación diaria.
Individualmente, podemos facer desde xa dúas cousas:
1) Chamar a toda a xente a participar nas concentracións convocadas para mañá, 1 de xuño, que se poden consultar aquí. No momento en que publico esta entrada están confirmados os actos no Obelisco da Coruña e na praza do Toural de Santiago e sinálase que no resto do país, non existindo outra convocatoria diferente, será diante da Casa do Concello.
2) Participar e divulgar entre as persoas do teu redor o boicote a Israel.
No Toural estarei
ResponderExcluirE eu na Praza Maior de Auria...
ResponderExcluirMoi ben o do poñer a lista do boicote...
Vergüenza es apoyar a los terroristas de Hamás, vergüenza es atacar a la única democracia de la región que con su política activa en favor de la libertad pone freno al terrorismo islámico que amenaza a los países civilizados, vergüenza es convocar un picnic caracterizado por el griterío incivil, para corear consignas antidemocráticas
ResponderExcluirMe da asco esta justificación del terrorismo, das pena Callón, a ver si eres algo decente y dejas este comentario... Como propagandista del terrorismo y el antisemitismo, un 10. Como demócrata, un -10. Patético.
ResponderExcluirPara os dous últimos comentaristas anónimos: se queredes expresar ideas, podedes facelo. Insultar e mentir di bastante das vosas posicións.
ResponderExcluir