20 de mai. de 2010

Conferencia e presentación do libro en Barcelona

Hoxe teño dous actos abertos ao público en Barcelona:

Ás 13 h, imparto a conferencia "Com desmantellar la oficialitat d'una llengua: situació i reptes del gallec" ("Como desmantelar a oficialidade dunha lingua: situación e retos do galego"). Será na sala 105 da Facultade de Filosofía e Letras da Universitat Autònoma.

Ás 19.30 h, presento o libro En castellano no hay problema, acompañado de Sabela Labraña e de Joaquim Arenas. Será na Galería Sargadelos, na rúa Provença, 276 (entre a Rambla de Catalunya e Passeig de Gràcia).

Convidadas e convidados estades quen andedes pola capital catalá!

2 comentários:

  1. Parabéns polo libro e noraboa polo éxito que está a ter. Seguindo o ronsel dos títulos humorísticos espero que alguén publique algún día unha Historia de la imposición del gallego en Galicia.

    ResponderExcluir
  2. Moitas grazas e... moi boa idea. Haberá que ila pirateando ;)

    ResponderExcluir