16 de mai. de 2010

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso a En castellano no hay problema

Estou agradecido porque o prestixioso lingüista e crítico Manuel Rodríguez Alonso se detivese na obriña En castellano no hay problema, que estou a presentar nestes días en diferentes puntos da nosa xeografía.

Quen siga a traxectoria de Rodríguez Alonso non só se encontrará con traballos lingüísticos pedagóxicos e rigorosos a un tempo, senón que tamén saberá que a súa é unha voz libre, que recoñece ou censura en voz alta segundo considere honestamente que se deba facer, non atendendo aos criterios oficiais académicos nin editoriais. Iso faime valorar e agradecer aínda máis as súas palabras, que me serven de aliciente para continuar neste labor.

Podedes ler a reseña, "Falando ás claras", aquí, no blog Bouvard e Pécuchet.

2 comentários:

  1. Mi má, debe ser o único libro que reseñou Manuel Rodríguez Alonso onde non atopa erros lingüísticos (incluídos os dicionarios)!!!

    Isto merece un premio ou algo, non?

    ResponderExcluir
  2. Si, estou moi agradecido pola crítica, que entendo como un aliciente para seguir traballando nesa liña.

    Por outra banda, que conste que eu vin dúas grallas no libro, que non sei como se deron coado, despois de todos os ollos que tivo enriba:

    1) Repetición ao comezo dun dos textos da palabra "realizado".

    2) "Insuficinte".

    Errare humanum est.

    ResponderExcluir