8 de mai. de 2010

Hoxe é a presentación nacional de En castellano no hay problema

Ademais da presentación que terá lugar ás sete do serán, agradézolle a Xornal de Galicia o eco que lle dá hoxe a este acto. A noticia, escrita por Miguel Pardo, podedes lela nesta ligazón.

3 comentários:

  1. Copiando o concepto e os argumentos do libro de Prolingua e o do Racismo lingüístico... mais en calquera caso, benvido sexa... sen tempo non era.

    ResponderExcluir
  2. Hehehe, anónimo, nótase que non liches ningún dos tres libros dos que falas. O libro de Callón copia máis do concepto de "Galicia, Galicia", de Rivas (por poñer un caso, que o concepto este debe ter uns 150 anos mínimo), que dos que ti citas.

    O de copiar argumentos, tendo en conta que é unha escolma de artigos publicados na prensa entre 1997 e 2009, xa me dirás ti... (É que eu molesteime en mercalo e lelo antes de opinar...)

    Todos os libros que saian e nos axuden a comprender a situación actual e defender a lingua son necesarios e benvidos. Os que ti citas, que son só algúns dos que están a saír, son bastante diferentes e complementarios entre eles.

    Se coa que está caendo nos dedicamos a meter pullas e tentar crear divisións en vez de remar todos na mesma dirección, como nos imos sorprender de que o país vaia como vai...?

    ResponderExcluir
  3. Anónimo 1: Hai a quen lle encanta sementar divisións e enfrontamentos onde hai unidade.

    Anónimo 2: Grazas pola defensa e a lectura.

    ResponderExcluir