29 de jun. de 2010

A Coruña rabuña

Hoxe é a presentación do libro En castellano no hay problema na Coruña. Será ás 20 h na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panaderas, 12), coa compaña de Manuel Rivas, Iria Taibo e Manuel Bragado. Con motivo desta presentación, ás 13.15 de hoxe RNE emitirá unha entrevista comigo na súa desconexión para toda Galiza. As outras presentacións do volume esta semana serán mañá na Estrada e pasado en Noia.

Onte foi o Día do Orgullo, que puiden festexar entre amigos o pasado sábado tamén na cidade da Coruña. Para recordalo neste blog, déixovos coa mesma canción que o Paulo puña no seu facebook, "Proud", de Heather Small, que eu coñecín no primeiro capítulo da serie Queer as Folk:



Póñovos tamén aquí, por se non a coñecedes, a primeira valoración da Mesa sobre a sentenza do Tribunal Constitucional a respecto do Estatut catalán.

Um comentário:

  1. HEATHER SMALL.Non a coñecía. E encántame a súa voz. Facía tempo que non escoitaba a alguén cunha pronuncia tan clara. Iso é dicción!ja! Parabéns Heather! (Porque, pois claro que nos EEUU tamén len o blog do Callón.)

    ResponderExcluir