2 de jun. de 2010

Entrevista n'A Nosa Terra con motivo da saída do libro En castellano no hay problema

No último número do semanario A Nosa Terra publican unha entrevista comigo con motivo da saída do libro En castellano no hay problema. Podedes consultar o resultado da conversa con Horacio Vixande nesta ligazón.

Polo demais, tentade non facerlle moito caso aos comentarios anónimos, que se ve que hai alguén obsesionado con insultarme e difamarme, desde inventarme un currículo paralelo até facer xogos bastante parvos co meu apelido, pasando pola homofobia máis casposa. Moito teñen para rañar de tanto que lles proe! Pois que rañen, ho, que rañen!

5 comentários:

  1. Parabéns polo libro (que vou comprar para a biblioteca do meu centro) e pola campaña de presentacións/entrevistas.
    A miña solidariedade e apoio no referente aos repunantes dos comentarios; vin varias pérolas estes días. Non pensou poñer moderación de comentarios? Non publicar saídas de ton non pode considerarse censura, e a fin de contas, o blogue é de vde.
    Un saúdo.

    ResponderExcluir
  2. Parabéns Carlos!, eu xa o merquei e axiña o lin tamén.
    Mais tiven que encargalo nunha libraría da Vila na que lles recomendei traer mais e lucir o escaparate tamén con el. Tamén vou procurar que apareza na biblioteca do concello e no instituto. Pasa de certos comentarios, somos miles os que te queremos e precisamos do teu activismo.

    ResponderExcluir
  3. Que guapo saes nesa foto ;)

    P.

    ResponderExcluir
  4. Grazas e moita forza, Kaplan e Fernando!

    Agradecemento tamén pola observación sobre a fotoxenia puntual a P. e X. ;)

    ResponderExcluir