14 de set. de 2010

6,6 millóns de euros malgastados só en reducir o galego no ensino

Fagamos a suma:

Cambio das Galescolas a Galiñas Azuis: 40.000 €
(Cifra oficial ofrecida pola conselleira de Traballo e Benestar)

Polémica pseudoconsulta ás familias: 160.995 €
(Cifra oficial ofrecida polo secretario xeral de Política Lingüística)

Campaña de propaganda do decretazo: 1.200.000 €
(Segundo o prego de condicións publicado no DOG)

Desbotar 230.000 libros de texto por estaren en galego: 5.200.000 €
(Cifra achegada pola Asociación Galega de Editores. Compútanse aquí única e exclusivamente os manuais de matemáticas, tecnoloxía e física e química que adquirira o bipartito, que tiñan unha vida útil de até dous cursos máis e que agora se prohibe utilizar, obrigando así á adquisición doutros materiais por parte das familias. Non se teñen en conta nin outros cambios de libros nestas etapas nin o dano económico que suporá para as empresas editoriais galegas este decretazo.)

6,6 millóns de euros!

De verdade non hai nada mellor para facer con tal cantidade de diñeiro?

A Xunta está nunha situación de tal bonanza económica que pode malgastar montes e moreas con tal de evitarlle aos pequenos e ás pequenas o seu contacto normal co idioma propio?

Tan tóxico será o galego?

2 comentários:

  1. El gallego es un bicho muy malo, no se mata con piedra ni palo... (recitese cantando xd)

    ResponderExcluir
  2. Aplique-se a mesma regra de três que na Autoestrada da Costa da Morte para ter o sobre-custo.

    ResponderExcluir