15 de set. de 2010

Isto é un gol

No suplemento "Culturas" da Voz do pasado sábado interesáronse polos gustos lectores do único árbitro da nosa terra na primeira división de fútbol, Ignacio Iglesias Villanueva.

Alí, o colexiado declarou a súa afección polos "escritores en galego". Na fotografía que acompaña a noticia aparece el co romance Sol de Inverno de Rosa Aneiros e un visíbel cartón vermello que lle serve como marcapáxinas.

Nun momento en que a oferta editorial en galego recibe serísimos paus da administración e no cal a nosa lingua está a padecer tantas agresións, este pequeno xesto recíbese aínda como algo máis fresco e gratificante.

E ti, cal foi a última obra en galego que liches?

3 comentários:

  1. Precisamente a última novela que lin eu na nosa lingua, foi Sol de inverno de Rosa Aneiros e podo asegurar que me gustou moito.
    Bicos

    ResponderExcluir
  2. Eu lin Los nomes de la tierra/Os nomes da terra, de Xuan Bello, en edición bilingüe asturiano-galego e publicado en Positivas. Así tamén contribuímos á tradución!

    ResponderExcluir