Mañá, un de outubro, é a presentación do libriño En castellano no hay problema en Marín, organizado polas dinámicas compañeiras e compañeiros de Queremos Galego da zona. Acompañaranme no evento Tino Iglesias, pola plataforma, e Xosé Manuel Moo, por Edicións Xerais. Será ás 20.30 h no Museo Manuel Torres de Marín.
Con este acto recomeza a xira de presentacións deste volume, que estivo aparcada nas últimas semanas. É necesario falarmos da situación da lingua galega e, sobre todo, actuarmos. Se este libro pode ser unha boa escusa para o facermos, pois adiante!
Deixo aquí tamén unhas fotografías do que foi o evento de presentación en Ourense o pasado 27 de maio. A Livraria Torga acolleunos para a ocasión nun acto moi cálido. Na mesa estiveron tamén Susana García (coordinadora da Mesa en Ourense), Isabel Pérez (concelleira de Cultura en Ourense e actual candidata á alcaldía polo BNG), Iván Area (na altura, vicerreitor en funcións da Universidade de Vigo) e Manuel Bragado (director de Edicións Xerais), que expuxeron sólidos argumentos para continuarmos nesta loita cívica na defensa do noso idioma propio.
As fotografías que reproduzo a continuación son da autoría de Jorge MdelaCalle:
Se me permites uns comentarios sobre as fotos, só como brincadeira...
ResponderExcluirNa que estás a asinar: a postura non é moi digna, que digamos ;-)
Na segunda semella que o Bragado está a se durmir...
E na de Suárez Canal, estou a me facer a composición: próximo o ex-conselleiro a disparar a súa pistola (se o ve o Benigno vai confirmar que algúns andan a poñer as pistolas no peito), e o Callón estupefacto e á defensiva.
Sinto a brincadeira, nom o puiden resistir.
Saúde.
.........Xosé Ramón.
Pois moito éxito,
ResponderExcluire moitas vendas!
[ainda me rin un pouco co comentario anterior]
xDDDDDDDDDD
ResponderExcluir