21 de set. de 2010

Ser lingua non é fácil

As compañeiras e os compañeiros de Queremos Galego de Marín organizan desde esta quinta feira, 23 de setembro, até o 1 de outubro as I Xornadas Ser lingua non é fácil. Velaquí vos deixo o programa:


Copio esta información adicional que proporciona Queremos Galego sobre esta actividade: "A exposición Ser lingua non é fácil, realizada pola EOI de Ourense, consta de 8 paneis, a través dos que poderemos achegarnos á historia de diversas linguas que ao longo do tempo estiveron en perigo por diferentes condicionamentos políticos, económicos ou sociais, coma o inglés, o portugués ou o italiano. Este percorrido pola historia das linguas doutras nacións vainos axudar a comprender a realidade galega que estamos a vivir. Pretende achegar ao debate social unha reflexión seria, científica e crítica sobre os ataques que está a sufrir o galego por parte do actual goberno da Xunta de Galicia liderado por Nuñez Feijóo que tanto teñen axitado a conciencia colectiva do noso pobo, por condicionar directamente os hábitos e a normalidade social da nosa lingua."

Adiante con forza! ;)

Nenhum comentário:

Postar um comentário