No encontro comentarei os estudos de mercado existentes para Galiza que teñen en conta a situación lingüística. Algunhas das súas conclusións son contundentes:
- A inmensa maioría da poboación (arredor do 80%), fale a lingua que falar no seu día a día, é favorábel ao uso do idioma galego na publicidade.
- Unha porcentaxe semellante considera "agradábel" que lles falen en galego nas tendas.
- Existe unha práctica unanimidade á hora de declarar o galego como un idioma "válido" para a publicidade.
- Practicamente ninguén declara que se connote de forma negativa ningún produto por se vender en galego, for este produto elaborado en Galiza ou fóra dela, tradicional ou de última xeración.
- As actitudes máis positivas encóntranse nas autoubicadas clases medias e nos niveis de estudos secundario e universitario.
- Para unha porcentaxe variábel da poboación, que en calquera caso estaría por riba do 20%, o feito de se publicitar en galego é considerado un estímulo importante para adquirir un ben ou servizo.
Que ninguén nos queira presentar o contrario. En Galiza, con todas as limitacións existentes, a verdade é que hai moitísima máis demanda de galego que oferta de galego.
Con proxectos como Abertos ao Galego, A Mesa quere facer ouvir esta realidade.
Nenhum comentário:
Postar um comentário