Hai uns meses fixen o meu primeiro sexenio como docente. Para que cho recoñezan, tes que entregar documentación que demostre que en todo este tempo realizaches unha formación dun mínimo de cen horas. Eu pensaba que non tiña problema, porque entre unhas cousas e outras case chegaba ás duascentas.
A miña sorpresa foi maiúscula cando desde a Consellaría mo denegaron porque non validaban varios cursos, xornadas e congresos organizados polas universidades galegas e mesmo pola propia Xunta de Galiza (por exemplo, rexeitaban recoñecer congresos sobre literatura galega organizados pola Consellaría de Cultura...). Houbo varias persoas que me comentaron que se encontraron coa mesma situación, for para o trámite do sexenio ou para a baremación do concurso-oposición.
Mais para a próxima vez xa sei o que teño que facer. A CIG-Ensino destapou que a Consellaría de Educación si certifica como formación do profesorado xornadas que inclúen unha misa (homologado por 1 hora), unha foto de homenaxe (media hora), un discurso de Núñez Feijóo (40 minutos), un discurso de Jesús Vázquez Abad (40 minutos) e outro de José Luis Baltar (20 minutos). Isto si que é unha formación de calidade!
tremendo! que cousas mais penosas...
ResponderExcluirque vergoña!
ResponderExcluirNon estou no mundo da docencia, pero entrame carraxe ao ver estas cousas.
ResponderExcluirTodo unha trapallada, pero o da misa fíreme especialmente, porque teño que tragar moita quina con esta protección que existe aquí cara a igrexa católica.
Parece unha burla