31 de out. de 2010
Rajoy e o matrimonio homosexual
Mariano Rajoy afirma hoxe na súa entrevista en El País que, de el ser presidente do Goberno español, nos agarda unha política económica aínda máis profundamente regresiva que a que estamos a padecer nos últimos tempos.
Ademais, con máis franqueza que nunca, abre a porta a que as parellas homosexuais non poidan contar cun recoñecemento e protección xurídica en igualdade. Dito doutro xeito: que reducirá os dereitos civís dunha parte da poboación, nun nivel que aínda estaría por ver se é só nominal (segregando as unións homosexuais noutro tipo de contrato civil) ou se se concretaría tamén noutros aspectos (por exemplo, na posibilidade de adopción ou noutras prerrogativas coas que contan os matrimonios heterosexuais na declaración da renda, na atención á parella en caso de doenza, etc).
Para alén do alcance dos cambios, a mensaxe á sociedade que subxace en todo isto é clara e profundamente discriminatoria e inxusta: as e os homosexuais non poden ter os mesmos dereitos.
E os conselleiros gais da Xunta non teñen nada que dicir? Mesmo teñen autoodio para isto?
Assinar:
Postar comentários (Atom)
e que van dicir? son uns monicreques subxugados a unha ideoloxía xa de por sí discriminatoria.Hipocresía ou poucas ganas de progresar, diría eu.
ResponderExcluirun saúdo! :)