10 de out. de 2010

Unha obra mestra

Onte saín do cinema con esa impresión. O filme Enterrado, de Rodrigo Cortés, superou con moito as miñas expectativas. Unha auténtica marabilla narrativa, na que só talvez me pareceu superfluo un momento e desafortunada unha imaxe, que non podo indicar sen caer nun spolier, así que vai como comentario a esta entrada.



5 comentários:

  1. Coido que a entrada da serpe na escena tivo varios efectos negativos. Por unha banda, por desnecesaria para manter a tensión que xa (sorprendentemente, para 90 minutos dun home dentro dunha caixa) está moi ben conseguida. Ademais, a súa irrupción fainos ver un burato lateral que, cando menos a min, me fixo máis respirábel a situación.

    Tamén me parece que reduce a claustrofobia a imaxe na que se contempla o protagonista deitado na caixa, mentres a cámara se vai elevando e vemos metros e metros de táboas aos seus lados. É só durante escasísimos segundos, mais penso que son preferíbeis os fotogramas nos que, para conseguir a mesma focaxe del a corpo completo nesa especie de cadaleito, se ven os laterais cortados.

    Xa vedes que é pouco o que anoto no saldo negativo. O resto, do meu punto de vista, é para lle facer unha ovación ao equipo que fixo posíbel este filme.

    A vós que vos pareceu?

    ResponderExcluir
  2. Totalmente de acordo, Carlos. Pareceume unha obra mestra desas que había moito que non vía. Saín do cine cunha mestura de sensacións e o corpo e a mente baldados. E tes moita razón. Sobra a serpe. Completamente.

    ResponderExcluir
  3. Lin moi boas críticas dela e teño moitas ganas de ir vela, a ver se logro facer un oco :D

    ResponderExcluir
  4. Estimado Carlos:

    Estiven intentando conseguir a túa conta de correo e nun fun capaz, por iso che escribo aquí.

    Teño unha carta ao director que enviei a varios periódicos e ninguén me quere publicar, non sei se é pola súa extensión ou polo tema: fala das faltas de ortografía dun folleto publicado polo PP no meu pobo.

    Ti poderíasme dicir onde conseguir publicala?

    O meu mail é barribarreiro@hotmail.com

    Agradezo profundamente a túa atención.

    Un saúdo, M. Barreiro.

    ResponderExcluir
  5. Barreiro, para calquera mensaxe privada, podes facer uso do facebook, se usas esa rede social.

    Sobre a carta ao director, proporíache que a enviases a varios medios e que mires se teñen algunha regra sobre extensión, etc. Eses datos costuman aparecer ou ao comezo ou ao final da propia sección, dependendo do xornal.

    Os periódicos adoitan valorar positivamente a concisión, que se trate sobre a actualidade e que se poñan, na medida en que tal cousa for posíbel, exemplos persoais.

    Por certo, tes unha ligazón a ese folleto do PP?

    Unha aperta animosa!

    ResponderExcluir