Bernardino é autor dun dos poemas de amor (e desamor) máis lindos da nosa tradición literaria, que musicou o grande Suso Vaamonde. Lembro escoitar esta canción hai moitos moitos anos, antes de ter eu consciencia de que a miña fala era unha lingua, de saber nada do autor da letra nin do da música. Fora nunha desas desconexións autonómicas que realizaba TVE, cando na cadea pública de televisión aínda podiamos escoitar o noso idioma un pouquerrichiño máis que os 18 minutos actuais do único telexornal dos días laborábeis.
Unha das miñas favoritas... :-)
ResponderExcluirSiiiiiii !! Lembro esas desconexións coa canción e unhas imaxes de dous velliños na praia... Algunha vez o teño comentado con xente e non me crían, ...soaba Suso Vaamonde nas desconexións da TVE?? Ninguén se lembraba...
ResponderExcluirBoísimo o poema, precioso! un dos meus favoritos sen dúbida. ;)