...nesta bitácula.
Deixo aquí, coa información proporcionada por Google Analytics, o pequeno ránking das entradas máis vistas deste blog en 2010. En fin, un pequeno ritual para o tránsito do ano ;)
1. Temos nomes propios.- Artigo onde reflexiono sobre as posibilidades de galeguización do nome e de restauración do apelido. Que rule, que boa falta fai!
2. Manipulación informativa contra a defensa do galego.- Sen dúbidas, un dos principais males que padeceu o movemento en defensa da lingua de Galiza neste ano e tamén nos precedentes.
3. Entre a censura, a terxiversación e a demonización.- Idem eadem idem.
4. As bolachas e o pobo.- Un dos artigos que publiquei este verán sobre a necesidade de mellorarmos a corrección e fluidez en galego.
5. Debate en Correo TV sobre o decretazo contra o galego.- O decretazo supón o maior ataque contra o galego en 30 anos. Neste espazo da televisión local do grupo Correo expóñense as visións dalgúns dos defensores e tamén algunhas voces que lexitiman a redución do noso idioma na docencia.
6. Pídechas o corpo.- Unha das notes tristes deste ano 2010 foi o falecemento de Ana Kiro. Este vídeo, que pendurei en 2009, é tamén unha pequena homenaxe a alguén que demostrou que o galego pode ser un idioma para a canción de éxito.
7. Campaña suxa.- As eleccións autonómicas de 2009 trouxeron unhas consecuencias nefastas para Galiza. Que o PP utilizase todas as artimañas suxas ao seu alcance é algo que non se pode nin debe esquecer.
8. Este é o consenso.- As fotos dos deputados do PP, o PSOE e o BNG presentando o decretazo que despois os primeiros consideraron unha "imposición". Unha imaxe vale máis...
9. Evo Morales e a homosexualidade.- As declaracións do dirixente boliviano, antes "acusado" pola contra de gai, manipuláronse para presentar este revolucionario como un carca inculto.
10. Para mellorar a corrección e fluidez en galego.- Das propostas aquí contidas -insospeitadamente polémicas para algúns-, salientaría a primeira, proveniente dunha ampla tradición de traballo contra os prexuízos lingüísticos: "Lembrarás que ninguén pasou de usar mal unha lingua a usala ben sen antes pasar por un período en que a usa regular".
Por un 2011 de fortuna e boas decisións a todas e todos os que pasades por aquí, que por algo será!
Eu lembro de xeito especial a número dous.
ResponderExcluirDesexo que alomenos no eido persoal remate ben o 2010 e que principie o 2011 mellor.
Aínda que coas previsións que están a facer os gurús da economía, case que lle desexo un bo 2012...
Unha aperta.
Tamén para ti os mellores desexos para este ano que comeza, Félix!
ResponderExcluirUnha aperta moi forte!