
Agora que xa vou maiorciño noto a chegada da primavera cando me veñen os sintomas alérxicos e a do pleno inverno cando a gripe me deixa irremediabelmente estomballado. Pois así estiven esta fin de semana e talvez siga nas mesmas aínda un día ou dous. A ver se San Antigripal, tan avogoso, fai algo efectivo para remedialo!
Pásache logo coma mín, cando non é unha cousa é outra. Teñen sido varias veces as que me pasei por aquí a cheirar, mais nunca me animei a comentar. Aproveito para che dicir que son un seguido bastante frecuente deste teu recunchiño.
ResponderExcluirDéixote un artigo que escribín sobre o peche de CNN+, por se lle queres botar unha olladiña.
http://vagalumestime.blogspot.com/2010/12/conquista-do-nacionalcatolicismo-un.html
Un saudo