O artigo desta semana versa sobre a folga xeral convocada pola CIG para esta quinta feira (xoves):
27 de xaneiro
Unha folga xeral moi necesaria
No filme O xefe de todo isto, dirixido por Lars Von Trier, o dono dunha fábrica de tecnoloxía, para ser amigo dos traballadores e que non o vexan como un distante e cruel xefe, finxe ser un simple delegado das ordes que lle chegan dun imaxinario presidente. Así, transmite apesarado e cómplice cos afectados as decisión máis incómodas: el non manda, non ten alternativa.
Cando decide vender a empresa, coas consecuencias negativas que terá para o persoal, non lle queda outra que contratar un actor para que interprete o papel do xefe que estivera ausente todo este tempo. O comediante chega a pórse tanto no papel que actúa coa lóxica da súa personaxe mesmo cando o seu finximento se descubre.
Non parece unha parábola perfecta do que está a acontecer nestes momentos no Estado español? O goberno democraticamente elixido no Congreso dos Deputados, a través das deputadas e dos deputados saídos das últimas votacións, presenta que todas as medidas que está a adoptar, que non levaba no seu programa electoral, son para satisfaceren as demandas dun etéreo, voraz e implacábel amo denominado Mercado. Láianse de que non sor eles: é o xefe de todo isto o que ordena a conxelación das pensións para 2011, a supresión da axuda ás paradas e aos parados que non cobran outra prestación, a redución dos salarios do persoal das Administracións Públicas, a reforma laboral que abarata e facilita o despedimento, a privatización das rendíbeis empresas públicas AENA e Lotarías do Estado, etc.
Slavoj Žižek, entre outros lugares no seu libro O espectro segue a roldar (editado entre nós por Laiovento), sostén que unha das diferenzas fundamentais entre o socialismo e o capitalismo está en que no primeiro sistema hai a quen botarlle as culpas. O pensador esloveno escribiuno moito antes de que estourase a actual crise, mais é inmersos nela como podemos comprender mellor o alcance das súas palabras. Os gobernos democraticamente elixidos irresponsabilízanse publicamente das súas funcións e amósanse como simples títeres do omnipotente Deus Mercado, que quere manter o seu lucro, aínda que sexa a custo de aumentar as fendas sociais e desprotexer as maiorías. Non son necesarias máis filtracións de wikileaks nin máis thrillers sobre conspiracións: quen manda está ao descuberto.
Ante esta situación, convértese en urxentemente necesario reactivarmos a musculatura social e tornarmos á rúa. Penso que por iso é un acerto a convocatoria de folga xeral realizada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), o primeiro sindicato de toda Galiza en número de afiliadas e afiliados e o segundo en número de delegadas e delegados. É un pulso moi forte para levalo adiante sen a compaña das outras dúas grandes organizacións sindicais, de obediencia estatal, polo que é máis oportuno agradecer as tarefas e responsabilidades que puxeron sobre as súas costas.
Campaña
Ademais do propio labor de mobilización para parar Galiza este día 27, é fundamental o labor de formación e información que se está a desenvolver: realización dunha páxina web específica con argumentos para o debate (folgaxeral.galizacig.com), un vídeo explicativo sobre o que na realidade se está a facer coas pensións, etc. Son datos que se vaporizan na inmensa maioría dos medios de comunicación, máis atentos a multiplicaren falsidades como que o sistema público de pensións está en perigo.
Comprobando as fontes limpas, obsérvase que tal afirmación é unha falacia, que funciona como argumento do xefe de todo isto para nos presentar como irremediábeis as súas decisións. A verdade é que non ten a ver coa crise económica que o Goberno central dificulte o acceso ás pensións e reduza a súa contía. Ollo a estes datos para confrontar coa machacante propaganda oficial:

- En ningún estado da Unión Europea se supera nestes momentos a idade legal dos 65 anos para a xubilación. De feito, no que respecta á media da idade real, o Estado español está nunha das cotas máis altas da Unión, con 62,6 anos segundo os últimos datos.
- Os estudos pagos pola banca, que sinalaban que o sistema público de pensións entraría axiña en quebra, apuntaban en 1995 que na actualidade o Estado tería só 39 millóns de persoas, cando a realidade é que ten 8 millóns de habitantes máis. Investigacións máis recentes, de 2005, consideraban que en 2010 habería 7,6 millóns de pensionistas, cando a realidade son 200.000 menos; os cotizantes á seguridade social serían para estes oráculos 13,9 millóns, cando a verdade é que son 17,8 millóns...
- A seguridade social, aínda en plena crise e cun 20% de desemprego, segue a ter superávit.
Non quero finalizar este artigo, sen animarvos a todas e a todos a participardes na convocatoria de mobilizacións que se van realizar en diferentes puntos do país este día 27, así como proporvos que asinedes e difundades o manifesto de apoio dispoñíbel na rede. Na nosa man está construírmos un mundo máis xusto e máis democrático. Paramos para avanzar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário