Entre esas pequenas xoias que nos depara a documentación medieval no noso idioma encontrámonos con esta receita para facer tinta, que adapto da edición do Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos que realizou Fernando Tato Plaza. Se vos quixerdes pór mans á obra, podedes aproveitar a chuvia desta tarde de domingo.
Boa tinta se deve faser en esta guisa:
Cosida:
Para un neto de tinta, onça e media de agalla deitaredes medio açumbre d' auga de chuvia e ferva fasta que mingüe la metade cõ as ditas agallas quebradas. E despois que sentado, sacar esta agua e deitarlle II onças de terra ou I onça de caparrosa e póñase al sol dous días. E ha de ferver en ola nova.
Que non seja cosida:
Tomar un neto de viño branco e se tever punta de vinagre tanto he mellor, e deitar en el as agallas quebradas e estén ao sol dous ou tres días. E despois deitarlle la terra ou caparrosa, aquelo que virdes que require.
A goma deitarla eno tinteiro.
Un outro artigo interesante sobre a normalidade do galego na idade media:
ResponderExcluirhttp://aira-de-mallar.blogspot.com/2011/01/banda-desenada-medieval-lembranza.html
Moitísimas grazas pola ligazón. É moi interesante. O caso da Táboa de Belvís, especialmente. Agora mesmo vai unha carta para o Museo de Pontevedra para demandar unha corrección do que indicas.
ResponderExcluirGrazas!