Cando esta mañá quixen ir ver se continuaban a usar o galego ou se era flor dun día encontreime con que a Concellaría de Turismo e Deportes de Lugo me borrou do seu facebook. O motivo? Pois que pedín varias veces, con toda educación e corrección, que usasen o galego.
De verdade isto é unha administración seria?! É que agora non me podo informar das actividades que organiza o Concello de Lugo xa que pido que usen a lingua propia?
Onte tentei dúas veces pórme en contacto co concelleiro: telefonicamente e a través do correo-e. Agora mesmo vou enviar unha queixa ao Valedor do Pobo, outra carta ao alcalde e aos portavoces dos tres grupos con representación no municipio. Por dous motivos: vulneración dos dereitos lingüísticos e o mal trato recibido por pedir o uso do galego.
Vaia xeitos máis democráticos da concellaría esa de Lugo... entre as rúas de nomenclatura franquista e isto vese que lles sae a democracía polos poros.
ResponderExcluirQue elementos... Agardemos que en maio entre un sopro de aire fresco nese concello.
ResponderExcluirEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderExcluirVolveron a admitirme no seu facebook, pediron desculpas e comprometéronse a usar o galego. Obxectivo conseguido!
ResponderExcluir