Seguro que xa todas e todos coñecedes este vídeo, que no youtube tivo máis de duascentas mil visitas en cuestión de días:
Pouco máis hai que dicir sobre as palabras desta concorrente do coñecido programa de televisión. Esta moza demostra que o sistema educativo non a capacitou para falar en galego (a lexislación non se cumpría: era unha farsa) e que os seus prexuízos están tan arraigados que mesmo perdeu oportunidades na vida pola desconsideración que mantén cara ao galego.
María Obelleiro publicou hoxe no Terra e Tempo un moi interesante artigo sobre o tema, co título "Ese mozo fala galego, dáme un “subidón”..." Recoméndovolo!
(Ollo! Puxen este vídeo para botarmos unhas risas, non é que teña nada a ver co artigo de María Obelleiro!)
Nenhum comentário:
Postar um comentário