Tíralle da Lingua é unha idea que a Asociación Socio-Pedagóxica Galega leva anos desenvolvendo. Esta actividade é moi útil para traballar a oralidade en galego nos centros de ensino, tan torpe ou entorpecida nas xeracións máis novas das cidades e principais vilas do país.
As profesoras e os profesores de galego que pasades por aquí sabedes ben do complicado que é que as alumnas e os alumnos das áreas urbanas falen en galego (aínda que só sexa) nas horas de lingua e literatura galega.
Chegar a ese principio tan básico é un dos principais obxectivos da docencia desta materia en primaria e secundaria. Conseguirmos (ou axudarmos a) que os estudantes teñan competencia para se expresaren na fala en galego cun mínimo de corrección e fluidez está moi por riba de que adquiran outros coñecementos gramaticais ou literarios, aínda que estes teñan unha importancia incuestionábel.
Nenhum comentário:
Postar um comentário