1 de mar. de 2011

Libros e combates

Esta fotografía, con Rafa Vilar e Silvana Castro, pertence á presentación a semana pasada en Bertamiráns do libro En castellano no hay problema. Esta obra de combate cívico en defensa da lingua continúa coa súa andaina de actos públicos, que continuará esta sexta feira ás 20 h, nun evento que organiza a libraría Aira das Letras na Fundación Vicente Risco de Allariz (rúa San Lourenzo, 3). Partillarmos visións e alternativas son os obxectivos básicos deste libro e das actividades que ao seu redor se realizan.

Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, que sairá en poucos meses, é tamén en varios sentidos unha obra de combate. Porque se trata dunha investigación que procurei documentar co máximo rigor, mais ben sei que a divulgación social das súas conclusións ataca frontalmente o machismo, a homofobia e, tamén, a negación e falsificación da historia de Galiza nun período chave como foi a Baixa Idade Media.

Sobre este último libro falo hoxe en dúas entrevistas: a primeira, ás 15 h no Diario Cultural da Radio Galega; a segunda, ás 18.05 h en Radiofusión.

Ademais, hai outros medios de comunicación que tamén se fixeron eco do galardón recibido por este ensaio, para alén dos xa indicados:
Quero agradecer tamén os centos de parabéns e mostras de interese sobre esta obra que me chegaron nos últimos días, mesmo de fóra de Galiza. Agardo que poida estar axiña nas librarías e que poidamos debater sobre o que nela se di.

3 comentários:

  1. E que saibas que onte fuches portada na edición ourensá do Faro de Vigo (ao menos na edición dixital):)):

    http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/27/portada-ourense-primer-matrimonio-homosexual-galicia-oficio-1061-rairiz-veiga/522378.html

    ResponderExcluir
  2. Moitas grazas, Xico.

    Por certo, amplío información: ás 17.10 teño outra entrevista, neste caso en Radio Allariz e sobre En castellano no hay problema.

    ResponderExcluir
  3. Hai medios gais a nivel de Estado que tamén dan conta da túa obra. No primeiro mesmo montaron un debate sobre as túas conclusións:

    http://noticias.universogay.com/el-primer-matrimonio-gay-de-espana-fue-en-1061__28022011.html

    http://www.ambienteg.com/integracion/en-el-ano-1061-ya-se-celebro-un-matrimonio-gay-en-galicia

    ResponderExcluir