29 de abr. de 2011
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Estou a revisar as probas do meu próximo libro, que levará por título Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Trátase dun manual de autoaxuda con consellos prácticos para podermos desenvolver a vida en galego.
A primeira idea era que se chamase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e non acabares cunha úlcera de estómago. Había algunha xente amiga entusiasmada con esa brincadeira, mais ao final optei por deixar fóra esa última parte, xa que podería dar unha imaxe demasiado negativa.
O volume, que penso que dará moito xogo para todas as persoas con sensibilidade ou consciencia lingüística, chegará ás librarías dentro dunhas semanas. Porén, mañá mesmo farei un adianto dos seus contidos nas Xornadas de Lingua e Literatura que realizan a CIG-Ensino e a AS-PG en Santiago de Compostela.
Mañá será, pois, un día intenso. Despois deste seminario sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, as compañeiras e compañeiros da Mesa realizaremos a nosa asemblea xeral anual. Xa pola tarde, desenvolverase o grande acto nacional de Queremos Galego na Sala Capitol de Compostela.
Se aínda non tes entradas, resérvaas aquí. Se non, achégate para adquirilas na billeteira da Capitol. O que non podes facer en ningún caso é faltar!
Antes desta voráxine de actividade, este mesmo serán realizarase a presentación en Boiro do libro En castellano no hay problema. Será ás 20.30 h no centro social da localidade e penso que as compañeiras e os compañeiros de Barbantia pensaron un esquema de evento diferente ao doutras ocasións.
Non quero terminar esta entrada de hoxe sen antes amosar toda a miña solidariedade e todo o meu apoio ao equipo de normalización lingüística do IES Lagoa de Antela, que está a padecer unha campaña de difamación por parte dos grupos contra o galego que alimentou o PP. Podes transmitirlle tamén o teu apoio deixando un comentario nesta ligazón.
Roi Casal tamén estará
Falta xa pouco para o acto de Queremos Galego en Compostela. É recomendábel reservar as entradas previamente nesta ligazón.
28 de abr. de 2011
De Andaina cara ás Pontes
Que o título desta entrada non vos leve a equívoco: non é que vaia camiñando desde Santiago ás Pontes. A "Andaina", como vedes, está en maiúscula, porque este é o nome dun centro educativo referencial no seu apoio á lingua e cultura galegas e no seu modelo educativo. Esta tarde intercambiarei opinións e visións sobre a situación do noso idioma co claustro deste centro.
Despois encamiñareime cara ás Pontes, para participar con Mónica da Silva na presentación do libro En castellano no hay problema. Será un pracer intercambiar ideas coa xente que conforma o sempre activo grupo de traballo da Mesa nesta localidade. O evento será ás 20.30 h na Biblioteca Municipal. Vémonos alí ;)

Pilar García Negro tamén estará
A sociolingüista e activista Pilar García Negro, un nome fundamental para a defensa do galego nos últimos lustros, achegaranos tamén a súa necesaria palabra ao acto deste sábado.
Que aínda non reservaches entradas? E a que agardas? Faino desde aquí.

27 de abr. de 2011
Carlos Negro tamén estará
O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, finalmente non poderá acudir ao acto deste sábado da plataforma Queremos Galego. No seu lugar, no nome da directiva desta importantísima entidade falaranos ás e aos asistentes o poeta Carlos Negro.
Non o perdas! Se aínda non tes a túa entrada, resérvaa nesta ligazón!

Ernesto Chao tamén estará
O coñecidísimo actor e presidente de Escena Galega contribuirá coa forza da súa palabra no acto de Queremos Galego este sábado. Non podes faltar! Colle xa a túa entrada!
26 de abr. de 2011
Teresa Moure tamén estará
Recoñecidísima pola crítica e polo público pola súa obra ensaística, dramática e narrativa, a enerxía alternativa de Teresa Moure tamén estará connosco no acto de Queremos Galego o vindeiro 30 de abril. Que aínda non tes entradas para o evento? Pois como é que tardas tanto?! ;)
Podes ver aquí o booktráiler en italiano do libro Herba moura, ese romance de Teresa Moure multipremiado, multitraducido e multirrecomendado pola súa lexión de lectores e lectoras:

25 de abr. de 2011
A chave
Velaquí o artigo desta semana en Galicia Hoxe:
A chave
Músicas, letras e voces pola lingua que nos une
A plataforma Queremos Galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades, comeza as súas actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Na propia xornada do 17 de maio realizaranse concentracións expansivas en diferentes localidades de todo o país, para denunciar o desamparo autonómico que vive o noso idioma, chamar a atención social sobre a necesidade de actuarmos para revitalizalo e –xa que estaremos en plena campaña para as eleccións municipais– sinalar tamén a importancia de que os concellos sexan motores da defensa e promoción do noso idioma. Todas as persoas interesadas en participaren ou botaren unha man poden dirixirse á plataforma. Fai moita falta movérmonos na defensa da lingua que nos une como galegas e galegos.
Quince días antes, o vindeiro sábado 30 de abril, estamos convocados a unha festa da nosa lingua e cultura, que usa como lema un coñecido verso do noso poeta nacional Manuel María: “O galego é a chave coa que abrimos o mundo”.
O escenario para este acto lúdico e reividindicativo será a Sala Capitol de Santiago de Compostela. Durante o mesmo, alternaranse no escenario as actuacións musicais de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado, ás que se sumaran as palabras do actor Ernesto Chao, presidente de Escena Galega; a profesora e ensaísta Pilar García Negro; a escritora Teresa Moure; o escritor e académico Manuel Rivas; o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG), e quen isto escribe como presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz nacional de Queremos Galego. O encontro conducirao o humorista e artista gráfico Xosé Lois González “O Carrabouxo”, creador do “himno oficioso” da plataforma: o “Mamá, eu quero galego”, que milleiros de persoas corearon nas multitudinarias mobilizacións convocadas desde que Alberto Núñez Feijóo comezou a desmantelar, pola vía dos feitos, a oficialidade da nosa lingua.
O mundo dos libros
No acto do día 30 achegarannos a súa enerxía unha escritora e un escritor de ficción moi recoñecidos polo público e pola crítica, tanto dentro como fóra de Galiza. Sirva isto para nos determos a pensar que podemos facer, mesmo a nivel individual, para vitalizarmos o mercado editorial no noso idioma e dármoslle forza así á nosa propia cultura.
O fundamental é o máis evidente: escollamos e leamos con frecuencia obras en galego. Tentemos ler tamén volumes en portugués, para coñecermos as outras variedades do noso mesmo sistema lingüístico.
Se a nosa libraría habitual non distribúe novidades en galego, solicitémosllo. É importante que saiban de primeira man que teñen unha clientela potencial para un mercado que sabe e quere ler no idioma de Galiza.
Se quixermos comprar un libro e non o virmos en galego, preguntemos nas librarías que distribúen novidades no noso idioma. Aínda que son unha minoría no que di respecto ao conxunto da xeografía galega, temos algunha como mínimo en cada cidade e en moitas vilas. Ademais, todas elas son accesíbeis a través de internet. Apoiemos a quen apoia a nosa cultura!
Se o volume que quixermos non o houber traducido para o galego, pidamos na libraría que nolo consigan en portugués. A través de internet é moi fácil conseguirmos os datos da editora para que poidan contactar coa distribuidora.
Ademais, se un libro traducido ten un prezo maior en galego do que en castelán, sendo do mesmo formato, podemos escribir á editora para protestar.
O mundo da música
O último disco de Mercedes Peón, “SÓS”, foi durante varios meses número un da World Music Charts Europe (WMCE), a máis prestixiosa lista musical das radios estatais europeas. Publicacións como Songlines escolleron o seu traballo para o “Top of the world”. E aínda poderiamos pór moitos outros recoñecementos máis que recibiu este traballo. Porén, fagamos un pequeno inquérito ao noso redor. Quen sabe tan sequera cantaruxar algunha canción deste disco? En cantos medios de comunicación puidemos escoitala?
A música galega continúa a ser, como ben dicía o verso de Rosalía de Castro, estranxeria na propia patria. Porén, é moito o que podemos facer, tamén individualmente, para axudar a mudar a situación:
- Tentemos superar a actual infrarrepresentación da música galega nos medios de comunicación facendo un consciente esforzo voluntarista para sabermos que é o que se coce na actualidade musical do país. Levarémonos gratísimas sorpresas!
- Non o dubidemos. Compremos música galega e vaiamos ás actuacións que ofrezan as súas creadoras e os seus creadores.
- Escribamos aos medios de comunicación, especialmente ás radios e televisións, tanto públicas como privadas e tanto de ámbito galego como estatal, para que nos informen da actualidade musical no noso idioma. Parece mentira que a Mercedes Peón, por exemplo, lle sexa máis fácil encabezar unha lista musical europea que pechar unha lista musical a nivel de Estado. Son os prexuízos contra a diversidade lingüística e cultural os que levan a que aconteza isto.
A principal responsabilidade desta promoción está, sen lugar a dúbidas, na Xunta de Galiza, na Radio Galega e na TVG. Fagamos que sintan a nosa voz!
Ademais, é bo que tentemos estar ao día tamén da actualidade musical do conxunto dos territorios do noso sistema lingüístico. Non fai moito sentido que só coñezamos os músicos portugueses, brasileiros ou caboverdianos cando triúnfan en Madrid.
Abrimos o mundo!
Tiña toda a razón Manuel María cando escribiu ese verso que nos convoca para o vindeiro 30 de abril: “O galego é a chave coa que abrimos o mundo”. A través da nosa lingua e da nosa cultura, en diálogo coa universo todo. Porque cremos nas nosas forzas e nas nosas capacidades. Porque queremos seguir sendo.

24 de abr. de 2011
Recitais, entrevistas, obradoiros, presentacións e algunha cousa máis
A axenda pública posterior á Semana Santa vén cargadiña. Xa vos podedes imaxinar que a que non é pública, aínda máis. Falta fai!
Segunda feira, 25 de abril
11.15 h - Entrevista en Radio Obradoiro.
19.30 h - Conferencia-recital en Pontevedra: "Itinerario poético pola defensa do idioma". Na Biblioteca Pública Antonio Odriozola (rúa Alfonso XIII, 3).
Quinta feira, 28 de abril
20.30 h - Presentación na Biblioteca Municipal das Pontes do libro En castellano no hay problema.
Sexta feira, 29 de abril
20.30 h - Presentación no Centro Social de Boiro do libro En castellano no hay problema.
Sábado, 30 de abril
10 h - Imparto o seminario "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" no marco das XXI Xornadas de Lingua e Literatura, na Facultade de Ciencias da Educación de Compostela.
11.30 h - Asemblea Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística no local da Agrupación Cultural O Galo (praza de San Miguel dos Agros, 5, baixo, Santiago).
19.30 h - Acto nacional de Queremos Galego na sala Capitol de Compostela.

Miro Casabella tamén estará
O cantor Miro Casabella, o último representante en activo de Voces Ceibes , achegará tamén a súa poderosa voz ao acto que a plataforma Queremos Galego desenvolverá o vindeiro sábado 30 de abril, co lema "O galego é a chave coa que abrimos o mundo".
Non esquezas que podes reservar aquí as entradas para o evento, polo prezo simbólico de só 5 euros, que axudarán a sufragar o propio acto e tamén a acción xeral da plataforma, tan necesaria.

23 de abr. de 2011
Manuel Rivas tamén estará
Dentro de xustiño 7 días, o sábado 30, ás 19.30 h, comezará o acto de Queremos Galego na sala capitol de Compostela. Aínda nons tes as túas entradas?! Pois resérvaas aquí antes de que se esgoten!
Manuel Rivas, o noso escritor de hoxe máis coñecido dentro e fóra das nosas fronteiras, tamén estará neste acto coa forza da súa palabra.

Ugia Pedreira tamén estará
A noite do día 30, Marful actuará no Auditorio de Galiza. Un par de horas antes, ás 19.30 h, poderemos ver a Ugia Pedreira contribuíndo coa súa inigualábel voz no acto de Queremos Galego no acto da sala Capitol.
Se aínda non as tes, reserva aquí as túas entradas!

22 de abr. de 2011
Reserva as entradas para o 30 de abril
O vindeiro 30 de abril ás 19.30 h na sala Capitol de Santiago vaise desenvolver un acto de Queremos Galego coas actuacións musicais de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado, ademais das intervencións de persoas representativas de diferentes ámbitos da vida social. Serán voces e sons para reclamarmos o cesamento dos ataques que están a padecer a nosa lingua e a nosa cultura.
Para sufragar os gastos da actividade e apoiar a acción de Queremos Galego, as entradas custarán o prezo simbólico de 5 euros. Pódense reservar a través deste formulario electrónico (até completa aforo).
Deixo aquí esta cancionciña de Roberto Sobrado, "Lección de historia", para ir abrindo boca:
21 de abr. de 2011
O sol da tristeza
Onte comprei o libro O sol da tristeza, de Fidel Vidal, con introdución de Xosé Luís Axeitos e epílogo de Manuel Fernández Blanco. Este breve e revelador ensaio atrapoume coas súas reflexións sobre a importancia da figura do pai na obra manoelantoniana.
Axeitos di, con toda a razón, que se contén nestas páxinas unha "interpretación novidosa da obra e da vida do poeta rianxeiro", o cal non é pouco tendo en conta as moitas atencións críticas que mereceu. Este "proceso de reconstrución lectora (...) vulnerará os nosos hábitos familiares con Manuel Antonio".
Non me vou resistir a citar algunhas liñas do epílogo, para vos deixar coas ganas de lerdes máis:

Fidel Vidal móstranos dun xeito clarificador como, en toda a obra de Manuel Antonio, se destaca a presenza da morte, de aí a tristeza melancólica que envolve todo o seu poemario. Poemario que, como tan ben nos sinala Fidel, leva por título De catro a catro, cando catro son os anos que tiña o autor cando morreu o seu pai, no ano 1904.
(...) a letra gravada no máis íntimo do seu ser, está representada polo que, do seu pai, lle transmitiu a súa nai. Transmisión gobernada pola función da vergoña e do segredo. A vergoña e o segredo constitúen as claves de transmisión, máis eficaz, da débeda inconsciente. A nai de Manuel Antonio temeu sempre polo contaxio, temeu que, o seu fillo, levara a marca do pai, a súa enfermidade.
Así é como Manuel Antonio recibe da súa nai a metáfora paterna baixo unha significación mortífera. Cuestión, esta, tan ben ilustrada por Fidel Vidal tomando apoio nas teses de Jacques Lacan. En efecto é, no discurso da nai, onde se introduce, para todo neno, a función paterna, o nome do pai, a súa metáfora.
Metáfora terríbel no caso de Manuel Antonio que, no discurso-temor da súa nai, no que esta dicía e, aínda máis, no que calaba, colocábao como un ser prometido á morte prematura. Manuel Antonio debía unha vida e empeñouse en pagala.
A súa historia é a dun home que busca, inconscientemente, a morte. Tentou alistarse para combater, ao lado dos franceses, na I Guerra Mundial, quixo combater na guerrilla de Sandino en Nicaragua e intentou enrolarse nun navío ruso para participar na revolución bolxevique. Todos estes intentos foron fallidos. Máis preto da morte estivo en 1925, cando recibiu unha navallada.
No ano 1926 embarca no pailebote Constantino Candeira e escribe De catro a catro. Adícallo ao seu capitán que, como Fidel Vidal nos sinala, é unha figura do pai especular, un par, un pai amábel. Unha figura do pai pacificador na súa busca do pai. Pero o pai máis real é a morte mesma. Esa morte que latexa nos poemas que escribe. Morte que é a marca, a cicatriz fundamental, do suxeito: "o barco foi percorrendo as cicatrices sentimentaes".
Escribe, así, a obra do seu ser de despedidas. Fidel Vidal destaca como, cando Manuel Antonio escribe o gran poema da despedida, "Adeus", que pecha o seu poemario, o autor era consciente da súa doenza. Sen embargo continúa embarcándose e faino, finalmente, nun pesqueiro onde as duras condicións de traballo agravaron a súa enfermidade, que el mantén en secreto. Cuspe constantemente sangue pero fuma, come mal e non adoita ningún coidado. ¿Poderíase poñer un exemplo máis claro do que é a pulsión de morte?
A TVG e a falta de pudor
20 de abr. de 2011
A Mesa: 25 anos
O 20 de abril de 1986, Ricardo Carvalho Calero fechaba uns Encontros sobre Normalización Lingüística onde se congregaron 487 persoas. Alí acordouse constituír A Mesa pola Normalización Lingüística, primeiro como plataforma e, máis tarde, como asociación independente.
Botando a ollada atrás, podemos estar orgullosas e orgullosos do traballo realizado e, tamén, aínda que pareza unha evidencia, de sermos capaces de soster esta ferramenta colectiva na defensa do noso idioma. Con tal nivel de desamparo institucional e de ataques desde o poder, xa é de seu noticiábel a sobrevivencia dunha asociación como esta, nun país inzado de números cero.
O desexo das 4.000 persoas que hoxe conformamos A Mesa é podermos fechar as nosas portas máis cedo que tarde; que A Mesa xa non faga falta, porque ninguén teña problemas para poder vivir no idioma propio do país. Porén, mentres isto non sexa así, que ninguén o dubide: temos moita forza e moitas ganas para seguir batallando.
Por mil primaveras máis!
19 de abr. de 2011
A ver se a aprendedes!
Nunca se é maior para pasalo ben con esta canción que Migallas canta e representa de forma tan divertida:
18 de abr. de 2011
"¿En gallego? Para dentro de un mes..."
O artigo desta semana en Galicia Hoxe versa sobre os obstáculos que encontramos para exercermos os nosos dereitos lingüísticos nas notarías; para calquera xestión: a redacción dun poder, un testamento, unha hipoteca... Velaquí o texto:
Dereitos lingüísticos nas notarías
A notaria ou o notario supera unha oposición e non precisa acreditar en ningún momento coñecemento de galego. Os seus traballadores e traballadoras, tampouco. Parece incríbel que esta sexa a situación en pleno século XXI e por iso cómpre que a mudemos.
A única norma taxativa que fala dos dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos nas notarías data de... 1944! Cumpriría actualizar canto antes este regulamento franquista, de acordo coa realidade plurilingüe do Estado. Os poderes públicos galegos, sen agardaren polo lexislador estatal, teñen competencias para estabeleceren con claridade o dereito a termos sen dilacións a documentación na lingua propia, do mesmo xeito que xa se fixo noutros territorios do Estado. Podemos transmitirlles a nosa queixa aos deputados e ás deputadas, tanto do Congreso como do Parlamento galego, porque aínda non se corrixise esta situación.
De calquera xeito, que a normativa estatal en vigor estea desfasada non quere dicir que non teñamos dereitos lingüísticos. Hai normas superiores, como o Estatuto de Autonomía, que sinalan que o galego é idioma propio e oficial, polo que podemos exercer o noso dereito a realizar os escritos na nosa lingua.
No ano 2004, o Parlamento galego aprobou por unanimidade, dentro do Plan xeral de normalización da lingua galega, que nas notarías se pendurase unha información sobre os dereitos lingüísticos das usuarias e dos usuarios. Esa proposta concretárona no ano 2007 a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Colexio Notarial de Galiza. O rótulo oficial, que non está en todas as oficinas tan visíbel como debería, di o seguinte:
Para avanzarmos no uso do galego nas notarías son varias as cousas que podemos facer a nivel individual:
1) Solicitemos a documentación en galego. De nós depende que se use e que se removan vellas inercias. Cantas máis solicitudes haxa, menos dificultades nos poderán pór.
2) Se a notaría nos presenta algún problema, recordémoslles:
i. O compromiso adquirido entre o Colexio de Notarios e a Xunta para garantir que a documentación se entregue sen dilacións tamén no noso idioma.
ii. Que existe un servizo de tradución gratuíta por parte da Xunta de Galiza, na Secretaría Xeral de Política Lingüística.
3) Se se ve unha actitude reacia, pódese valorar a posibilidade de acudir aos servizos doutra notaria ou doutro notario.
Tanto se temos que mudar de notario porque nos anuncia unha dilación como se a padecemos, cómpre presentarmos unha queixa perante o Valedor do Pobo, outra no Defensor do Pobo e, a maiores, informar tamén o Colexio de Notarios, algo que podemos facer rápida e gratuitamente a través do correo-e info@galicia.notariado.org.
Mais non esquezamos que as batallas non só se perden, tamén se gañan moitas veces. Vou pór un exemplo persoal do ano 2011.
Fun a unha notaría realizar un poder que era imprescindíbel ter antes de 48 horas. Non me atendeu o notario, senón un traballador da súa oficina, que me dixo que estaría ao día seguinte. Especifiqueille entón que quería que o poder estivese en galego e aí comezou unha pequena aventura. Primeiro, dubidou da validez legal; eu repliqueille, abraiado porén calmo, que o Estatuto de Autonomía se aprobara había tres décadas. A súa seguinte táctica para que desistise foi dicirme que entón o escrito estaría para a semana seguinte. Nese momento, repliqueille que iso era unha discriminación por razón de lingua, que ía en contra do acordo entre a Xunta e o Colexio e pedinlle falar co seu notario. Non fixo falta que llo comentase a ninguén máis, porque ao día seguinte puiden recoller o correspondente documento, maxicamente en galego sen ningún problema. Con certeza, no momento de asinalo trasladeille ao notario o meu malestar, pois do mesmo xeito que eu sabía que tiña dereitos lingüísticos, outras persoas poderían crer as mentiras dese traballador que me atendera e abandonaren, inxustamente, o uso do seu propio idioma.
Testamentos
O Código Civil recoñece o dereito a outorgar testamento en lingua galega. Posto que se trata dun documento persoalísimo, estabelécese que se unha muller ou un home expresa a súa vontade en galego, o documento debe figurar, como mínimo, neste idioma.
Segundo a lei, se a notaria ou o notario declara que non coñece o galego, poderá escribilo tamén en castelán, mais sempre facendo constar tamén a versión galega e sinalando que foi a empregada pola persoa que ditou testamento (artigo 684 do Código Civil). Enténdese, porén, que, sendo dentro do territorio administrativo de Galiza, non debe haber ningún problema para que o testamento sexa só en galego. No caso de que a notaria ou o notario poña problemas ou queira facelo bilingüe, pódese actuar conforme o sinalado anteriormente: recordemos o compromiso adquirido polo Colexio Notarial e a Xunta, que existe un servizo lingüístico autonómico ao que acudiren e, no caso de nos manteren os problemas, podemos mudar de notario e realizar a correspondente queixa.
Que o testamento sexa cando menos en galego se é a lingua da persoa testadora é unha norma aplicábel non só para Galiza, senón para calquera lugar do Estado español. Porén, se a notaría radica nun lugar onde o galego non sexa oficial (o cal inclúe, inxustamente, tamén as comarcas falantes de galego nas comunidades de Asturias, Castela-León e Estremadura), as custas da tradución terá que pagalas o cidadán ou a cidadá. Isto tamén é así para os casos de outorgamento de testamento en galego fóra do Estado, perante funcionario diplomático ou consular (art. 734 do Código Civil), no caso de que este non coñeza o idioma de Galiza. Ademais, para que o testamento sexa válido, as testemuñas tamén han de "entender" o idioma da persoa testadora (art. 681 do Código Civil).
No caso do testamento ológrafo (aquel en que a persoa testadora, maior de idade, escribe por si mesma e asina), é plenamente válido se está escrito en galego, sexa cal for o lugar do Estado español onde se desenvolva (o xulgado pode requerir que os interesados proporcionen un intérprete cando isto acontecer fóra da comunidade autónoma de Galiza).
Queremos unha lingua plenamente oficial! Queremos ter dereitos lingüísticos plenos, tamén nas notarías! Podemos conseguilo!.

EN GALEGO, ESTÁ NO SEU DEREITOEstá ben que o rótulo se coloque, mais a realidade é que a día de hoxe nos podemos encontrar con dificultades importantes. A máis grave? A dilación: que se o queremos en galego nos tardará máis tempo, o cal pode ser desde uns días até un par de meses. Eu mesmo tiven que mudar de notario e agardar case un mes para poder formalizar a miña hipoteca na miña lingua. Os escritores Lois Diéguez, Yolanda Castaño e Marcelino Fernández Mallo ou a activista e tradutora Iria Taibo tamén denunciaron publicamente situacións semellantes, que van desde ter que percorrer cinco notarías diferentes para conseguir facer os escritos no seu idioma até ter que agardar varias semanas ou meses adicionais. Unha vergoña.
Información sobre os dereitos lingüísticos das/dos usuarias/os das notarías
O galego é a lingua propia de Galicia e todos os galegos e as galegas teñen o dereito de usalo.
O galego é unha lingua plenamente válida e eficaz para formalizar os seus documentos.
Vostede pode solicitar que os seus documentos notariais se redacten en lingua galega. Esta opción non pode supoñer atraso na redacción ou autorización do documento nin comportar ningunha clase de sobrecusto.
Para avanzarmos no uso do galego nas notarías son varias as cousas que podemos facer a nivel individual:
1) Solicitemos a documentación en galego. De nós depende que se use e que se removan vellas inercias. Cantas máis solicitudes haxa, menos dificultades nos poderán pór.
2) Se a notaría nos presenta algún problema, recordémoslles:
i. O compromiso adquirido entre o Colexio de Notarios e a Xunta para garantir que a documentación se entregue sen dilacións tamén no noso idioma.
ii. Que existe un servizo de tradución gratuíta por parte da Xunta de Galiza, na Secretaría Xeral de Política Lingüística.
3) Se se ve unha actitude reacia, pódese valorar a posibilidade de acudir aos servizos doutra notaria ou doutro notario.
Tanto se temos que mudar de notario porque nos anuncia unha dilación como se a padecemos, cómpre presentarmos unha queixa perante o Valedor do Pobo, outra no Defensor do Pobo e, a maiores, informar tamén o Colexio de Notarios, algo que podemos facer rápida e gratuitamente a través do correo-e info@galicia.notariado.org.
Mais non esquezamos que as batallas non só se perden, tamén se gañan moitas veces. Vou pór un exemplo persoal do ano 2011.
Fun a unha notaría realizar un poder que era imprescindíbel ter antes de 48 horas. Non me atendeu o notario, senón un traballador da súa oficina, que me dixo que estaría ao día seguinte. Especifiqueille entón que quería que o poder estivese en galego e aí comezou unha pequena aventura. Primeiro, dubidou da validez legal; eu repliqueille, abraiado porén calmo, que o Estatuto de Autonomía se aprobara había tres décadas. A súa seguinte táctica para que desistise foi dicirme que entón o escrito estaría para a semana seguinte. Nese momento, repliqueille que iso era unha discriminación por razón de lingua, que ía en contra do acordo entre a Xunta e o Colexio e pedinlle falar co seu notario. Non fixo falta que llo comentase a ninguén máis, porque ao día seguinte puiden recoller o correspondente documento, maxicamente en galego sen ningún problema. Con certeza, no momento de asinalo trasladeille ao notario o meu malestar, pois do mesmo xeito que eu sabía que tiña dereitos lingüísticos, outras persoas poderían crer as mentiras dese traballador que me atendera e abandonaren, inxustamente, o uso do seu propio idioma.
Testamentos
O Código Civil recoñece o dereito a outorgar testamento en lingua galega. Posto que se trata dun documento persoalísimo, estabelécese que se unha muller ou un home expresa a súa vontade en galego, o documento debe figurar, como mínimo, neste idioma.
Segundo a lei, se a notaria ou o notario declara que non coñece o galego, poderá escribilo tamén en castelán, mais sempre facendo constar tamén a versión galega e sinalando que foi a empregada pola persoa que ditou testamento (artigo 684 do Código Civil). Enténdese, porén, que, sendo dentro do territorio administrativo de Galiza, non debe haber ningún problema para que o testamento sexa só en galego. No caso de que a notaria ou o notario poña problemas ou queira facelo bilingüe, pódese actuar conforme o sinalado anteriormente: recordemos o compromiso adquirido polo Colexio Notarial e a Xunta, que existe un servizo lingüístico autonómico ao que acudiren e, no caso de nos manteren os problemas, podemos mudar de notario e realizar a correspondente queixa.
Que o testamento sexa cando menos en galego se é a lingua da persoa testadora é unha norma aplicábel non só para Galiza, senón para calquera lugar do Estado español. Porén, se a notaría radica nun lugar onde o galego non sexa oficial (o cal inclúe, inxustamente, tamén as comarcas falantes de galego nas comunidades de Asturias, Castela-León e Estremadura), as custas da tradución terá que pagalas o cidadán ou a cidadá. Isto tamén é así para os casos de outorgamento de testamento en galego fóra do Estado, perante funcionario diplomático ou consular (art. 734 do Código Civil), no caso de que este non coñeza o idioma de Galiza. Ademais, para que o testamento sexa válido, as testemuñas tamén han de "entender" o idioma da persoa testadora (art. 681 do Código Civil).
No caso do testamento ológrafo (aquel en que a persoa testadora, maior de idade, escribe por si mesma e asina), é plenamente válido se está escrito en galego, sexa cal for o lugar do Estado español onde se desenvolva (o xulgado pode requerir que os interesados proporcionen un intérprete cando isto acontecer fóra da comunidade autónoma de Galiza).
Queremos unha lingua plenamente oficial! Queremos ter dereitos lingüísticos plenos, tamén nas notarías! Podemos conseguilo!.
17 de abr. de 2011
Como poden gastar o amor?
Yo no sé
cómo hay quien malversa la vida,
cómo hay quien invoca una herida,
cómo pueden gastar el amor.
Yo no sé...
Como si no faltaran cadenas,
como si nos sobraran las cenas,
como si diera dicha el dolor.
Se turrarmos todos, ela caerá
Excepto un valenciano instalado nas Balears que mesmo falaba galego moi ben e outro rapaz que era capaz de dicir algunhas frases, o resto dos asistentes á presentación onte en Campos (Mallorca) do libro En castellano no hay problema non sabían galego. Porén, de novo, igual que noutras veces que ando polos Països Catalans, repetiuse a petición de que falase na lingua de Galiza. É que as barreiras que algúns nos venden non son máis que barreiras mentais.
As actividades do Acampallengua permítenme coñecer estes días un pouquiño mellor a realidade cultural das Balears e do conxunto dos territorios de lingua catalá. Agora mesmo saio para unha mesa redonda co atractivo título de "Medios de comunicación en catalán: a sátira política nos Países Cataláns"; onte coñecín ao cantor Andreu Valor, escoitei as reflexións sociolingüísticas (tan aproveitábeis entre nós!) do profesor da UIB Gabriel Bibiloni, falei sobre a preocupante ofensiva do PP coa directora Xeral de Política Lingüística do Govern de Balears, Margalida Tous, etc.
Na súa actuación, Valor levaba unha camisola en defensa de que se poida recibir a TV catalá en València e de que se retiren as multas millonarias á entidade que mantivo durante anos os repetidores para poderen recibir o sinal. Máis ou menos á mesma hora, a capital do País Valencià acollía unha mobilización importantísima con eses mesmos obxectivos: 80.000 persoas percorreron as rúas da cidade e o mesmo Lluís Llach saíu do seu retiro para apoiar estas xustas reivindicacións. É que a estaca que nos ten a todos atados, sen podermos vivir plenamente nos nosos idiomas e producindo retrocesos nos nosos dereitos lingüísticos, continúa afincadísima. Porén, si estirem tots ella caurà!

16 de abr. de 2011
16 de abril de 1061
Un día como o de hoxe, hai 950 anos, rexistrábase sen problemas en Rairiz de Veiga o emparellamento entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz. Ambos prometían ser "amicos bonos cum fide et veritate (...) in totos dies et noctes in omne tempus vel tempora", conviviren no mesmo fogar e coidárense o un ao outro. De se chamaren Pedro e Sara en troca de Pedro e Muño, ninguén dubidaría do evidente.
A contextualizar esta unión dedico unha parte do estudo Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, que chegará ás librarías dentro de poucas semanas.
De momento, deixo aquí unha reprodución do documento no Tombo de Celanova, cunha fotografía en preto e branco que tirei do Portal de Archivos Españoles. Cómpre recoñecer que se se acometeu a necesarísima dixitalización deste fondos medievais galegos, espoliados coa desamortización, foi grazas á presión constante do BNG.

15 de abr. de 2011
O galego é a chave coa que abrimos o mundo
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
Cesáreo Sánchez Iglesias,
Ernesto Chao,
lingua,
Manuel Rivas,
Miro Casabella,
Pilar García Negro,
Queremos galego,
Roberto Sobrado,
Roi Casal,
Teresa Moure,
Ugia Pedreira
De Ordes a Mallorca
Estas dúas fotografías, con Gonzalo Castro e Lucía Noia, pertencen á presentación en Ordes do libro En castellano no hay problema. O coloquio foi tan animado que, sen nos decatarmos, estivemos case dúas horas falando sobre a situación do idioma e as súas alternativas de futuro. E tamén fomos xestando un acto en Tordoia para as vindeiras semanas ;)
Mañá hai outra presentación deste libriño, mais será un pouquichiño máis lonxe: en Campos, na illa de Mallorca, ás 17 h, no marco do Acampallengua que organizan Joves de Mallorca per la Llengua. Ademais deste acto ao que me convidaron, o Acampallengua ten unha cantidade de actividades impresionante, das que agardo aprender moito. Xa contarei por aquí!
14 de abr. de 2011
Entrevista en De Luns a Venres
A pasada segunda feira (luns), o xornal gratuíto De Luns a Venres publicaba esta entrevista comigo na súa contracapa. Nela pregúntanme sobre a situación do galego nos medios de comunicación, sobre o ensaio Amigos e sodomitas, sobre o uso das redes sociais e tamén sobre algunhas cuestións de carácter persoal:
Para ampliar a imaxe, é só clicar nela. Para descargar o exemplar en pdf hai que ir a esta ligazón.

Versos para tecer a memoria
Foi ben lindo o recital de onte na cafetaría Airas Nunes de Santiago, para recordarmos o 950 aniversario do matrimonio homosexual máis antigo que se documenta en Galiza, un 16 de abril de 1061.
Uníronse voces de escritores que comezan, como Carlos Lixó, coa doutros consagrados como Lois Diéguez ou Luís González Tosar, xunto a outras e outros de diferentes xeracións como Alicia Fernández, Antía Otero, Asunción Arias, Gonzalo Hermo, Gonzalo Vázquez, Fran Cortegoso, Rosa Enríquez e María Rosendo.
Grazas e parabéns!
[A fotografía é de Miguel Magdalena, da versión dixital de El Mundo]
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Um comentário:
Etiquetas:
AeS,
Alicia Fernández,
Antía Otero,
Asunción Arias,
Carlos Lixó,
Fran Cortegoso,
Gonzalo Hermo,
Gonzalo Vázquez,
Lois Diéguez,
Luís González Tosar,
María Rosendo,
Rosa Enríquez
13 de abr. de 2011
Hoxe ás 19 h, recital en Santiago
Non esquezades que hoxe ás 19 h, na cafetaría Airas Nunes de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 17) haberá un recital poético contra a amnesia e a desfiguración da historia da sexualidade. Ou, mellor, dito en termos positivos: un evento a través do cal poetas de diferentes xeracións darán palabras á memoria, á efeméride de que esta semana se fagan 950 anos do matrimonio homosexual máis antigo que se documenta en Galiza.
Algúns medios de comunicación fixéronse eco do acto de hoxe. Ademais dunha ampla entrevista onte ao mediodía en Radio Arousa, velaquí o que dixeron algúns medios escritos:

- O amor inseparable (Galicia Hoxe, 12/04/11)
- Asociacións celebrarán os 950 anos do primeiro matrimonio homosexual galego (La Voz de Galicia - Edición electrónica, 11/04/11)
- A voda gai galega de 1061 (Faro de Vigo, 12/04/11)
- A voda gai galega de 1061 (La Opinión de A Coruña, 12/04/11)
12 de abr. de 2011
Citas coa lingua
Ás 20.30 h deste serán, presentarase na vila de Ordes o libro En castellano no hay problema, coa compaña de Gonzalo Castro e de todas as persoas que poidades asistir. Será no Museo do Traxe Juanjo Liñares (Campo da Feira, s/n). Igual que en todos estes actos, valoraremos a situación do noso idioma e miraremos as perspectivas que temos que labrar para garantirlle un presente máis digno e un futuro saudábel.
Supoño que para a maioría das persoas que ledes este blogue xa non vos virá tan ben o outro evento de presentación do libro que hai programado para esta semana. O sábado 16, na localidade de Campos, en Mallorca, as mozas e mozos que conforman Joves de Mallorca per la Llengua convidáronme a ir falar deste libriño, para coñeceren mellor a situación do idioma de Galiza tras estes dous anos de goberno de Núñez Feijóo, algo especialmente importante para as Illes nun momento en que é probábel o retorno ao seu goberno autonómico dun PP tamén contrario ao seu idioma como nunca. Será ás 17 h no marco do Acampallengua.
Tedes un pase se faltades a calquera destas dúas citas, mais non o tedes se non colocades xa na vosa axenda o acto nacional que vai desenvolver a plataforma Queremos Galego o vindeiro 30 de abril ás 19.30 h na sala Capitol de Santiago, so o lema "O galego é a chave". Se tedes facebook, podedes manifestar aquí a vosa adhesión.

11 de abr. de 2011
In totos dies et noctes, in omne tempus vel tempora
Velaquí o artigo desta semana en Galicia Hoxe, no cal tento esconxurar o esquecemento:
Pedro e Muño: 950 anos
In totos dies et noctes, in omne tempus vel tempora
O día 16 de abril do ano 1061 produciuse na parroquia de Santa María de Ordes, en Rairiz de Veiga, un acto de unión oficial entre dous homes: Pedro Díaz e Muño Vandilaz. Esta semana, pois, faranse os 950 anos da institucionalización deste emparellamento homosexual, realizado por motivos de afecto entre estes dous individuos, que se comprometen a viviren xuntos e a se coidaren.
Nas últimas semanas, houbo varios medios de comunicación que se fixeron eco desta efeméride, a partir do recoñecemento co premio Vicente Risco ao meu libro Amigos e sodomitas: A configuración da homosexualidade na Idade Media, que publicará axiña a editora Sotelo Blanco. Porén, non fun eu quen descubriu o relevo deste documento.
Primeiro, a comezos do século XX, Eduardo Hinojosa incluíuno entre os exemplos de “germanitas”, protocolos de fraternidade artificial rexistradas nos reinos de Galiza, Portugal e León. Xa nas últimas décadas dese século, o historiador John Boswell reproduciuno na súa obra As vodas da semellanza: As unións homosexuais na Europa premoderna. Quen consultar estes dous traballos, verá que neles hai, porén, un erro de datación, xa que o sitúan no ano 1031, debido a un erro de lectura que corrixiu José Miguel Andrade Cernadas na súa edición do Tombo de Celanova.
O que nunca pasou
A pesar do rigor do traballo de Boswell, como constata Sharon Marcus, “as súas afirmacións non tiveron impacto nas pesquisas posteriores sobre o matrimonio moderno”. Teriamos que matizar que si o tiveron no emerxente campo académico do estudos glbt (gais, lésbicos, bisexuais e transexuais), onde os seus ensaios están valorados entre os de maior incidencia.
A desconsideración do seu traballo noutros espazos académicos máis centrais non se debe á falta de probas que achegou o que foi profesor de historia medieval na Universidade de Yale, senón ás suspicacias, sobre todo extraacadémicas, para admitir unha relectura do pasado que conleva modificacións substanciais nos prexuízos do presente.
Boswell, con certeza, trae á luz casos concretos de solemnización das relacións de pares masculinos na Europa premoderna, como o de Pedro e Muño, que obrigan a redefinir algúns parámetros sobre a historia da sexualidade. Hai que indicar que non se sabe de emparellamentos análogos entre dúas mulleres, carentes, dedibo ao patriarcado, de todo recoñecemento público. A única aparición en dereito de parellas de mulleres foi para condenalas.
Que a acollida académica xeral ao traballo de Boswell fose, como pouco, morna, debe contextualizarse na polémica existente nas últimas décadas sobre o recoñecemento ou non dos plenos dereitos ás cidadás e aos cidadáns homosexuais ou bisexuais. Téñase presente que, aínda hoxe, en pleno século XXI, cando se produce o debate sobre a existencia (ou, no caso do Estado español, do mantemento) do matrimonio entre mulleres ou entre homes, as posturas contrarias basean o seu argumentario na inexistencia dunha tradición previa e, sobre todo, en que o matrimonio heterosexual é “a institución máis fundamental da civilización”, por citarmos unha esclarecedora definición de George W. Bush. No fondo, aí pervive a noción medieval do pecado público, a da ofensa persoal contra un precepto (neste caso, relixioso convertido en marca civilizacional) que terá repercusións de destrución colectivas (a da civilización occidental).
Só pondo de parte estes prexuízos anti homosexuais e as falsificacións que o tempo solidificou poderemos decatarnos do inmenso valor histórico, cultural e antropolóxico do escrito entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz que conservamos no Tombo de Celanova.
Recital contra a amnesia
Para que este aniversario non desapareza da memoria, esta cuarta feira (mércores), 13 de abril, ás 19 h, na cafetaría Airas Nunes de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 17), desenvolverase un recital poético, organizado pola Agrupación Cultural O Galo (pertencente a Galiza Cultura), coa colaboración do Colectivo Gai de Compostela e BOGA, a agrupación de mulleres lésbicas e bisexuais de Galiza.
No acto participarán catorce voces de diferentes xeracións: Alicia Fernández, Andrea Nunes Brións, Antía Otero, Antón Fortes, Asunción Arias, Carlos Lixó, Fran Cortegoso, Gonzalo Hermo, Gonzalo Vázquez, Lois Diéguez, Luís González Tosar, María Rosendo, Marica Campo, Rosa Enríquez e quen isto escribe. O lema da convocatoria é unha expresión latina que se encontra no documento de unión entre Pedro e Muño: “in totos dies et noctes, in omne tempus vel tempora”; isto é: “en todos os días e todas as noites, para sempre”.
Con fe e sinceridade
Finalizo o artigo ofrecendo unha tradución do documento, onde se manifestan os coidados mutuos, a convivencia e os dereitos de herdanza no caso de que un faleza. A respecto do termo “amizade”, debe terse presente que non é un concepto que teña en absoluto o mesmo sentido que a día de hoxe. Abonda con lembrarmos os nosos cancioneiros medievais para nos decatarmos, mais tamén podemos reparar en como a amizade e o amor se entrecruzan en moitas alturas da historia e en moitas linguas e culturas. Pénsese por exemplo nas dificultades de tradución do Banquete de Platón, onde se usan ambos os termos de forma indistinta: “o amor de Aristoxitón e a amizade de Harmodio”, “mediante a amizade do seu amante”, “un individuo desta clase se fai amante dos mozos e amigo do seu amante”, etc.
Velaquí o texto da unión:

Pedro Díaz e Muño Vandilaz pactamos entre nós e para coñecemento dos demais, por escrito legal asinado o 16 de abril de 1061, no relativo á casa e á igrexa de Santa María de Ordes, que posuímos os dous e na cal somos iguais en labor, en acoller visitas, en coidala, decorala e gobernala, así como plantar, edificar e traballar na horta. Somos iguais tamén no coidado de nos vestirmos, de nos alimentarmos e de bebermos. E que un non dea nada a ninguén, nin foráneos nin hóspedes, sen o consentimento do outro, por honra da nosa amizade e da súa. E dividiremos por partes iguais o traballo da casa e encomendaremos por igual e sosteremos os nosos traballadores por igual e con dignidade. E seremos un para os demais bos amigos con fe e sinceridade, tendo por igual os mesmos amigos e inimigos todos os días e todas as noites, para sempre. E que habitemos dita casa en igualdade. E non permitamos que un mande sobre o outro naquela casa da vila de Santa María, nin que teñamos maos agoiros con ningún dono ou dona, nin que teñamos a ningún home vivo en menos estima pola súa causa durante a nosa vida. E que non teñamos ningún preito polas estremas da casa, e se mentísemos algún aos outros, e por mor da mentira mandásemos maos agoiros aos outros e rachásemos o acordado, quen tales cousas fixese pague 100 soldos e teña a súa verdade. E se Pedro morrer antes que Muño, deixará a Muño a propiedade e os documentos. E se Muño morrer antes que Pedro, deixaralle a casa e os escritos.
10 de abr. de 2011
De Cedeira a Ordes
Un día antes do recital en Santiago, presentarase en Ordes o libro En castellano no hay problema, que segue con esta particular xira por toda Galiza. Será, pois, o día 12 de abril, ás 20.30 h no Museo do Traxe "Juanjo Liñares" (Campo da Feira, s/n). Acompañarame Gonzalo Castro.
Xa que falo do libro, deixo aquí dúas fotografías do acto de presentación en Cedeira, que subiu ao facebook o incansábel Fernando Iglesias. A próxima vez dígolle a toda a xente que se poña diante! (Grazas, compas!)
9 de abr. de 2011
Recital este día 13
Tomade nota:
Esta cuarta feira (mércores) día 13, ás 19 h, na cafetaría Airas Nunes, desenvolverase un interesantísimo recital poético, organizado pola A. C. O Galo (pertencente a Galiza Cultura), coa colaboración de BOGA e o CGC.
O motivo deste acto será que non pase desapercibido o aniversario do matrimonio homosexual máis antigo que se documenta en Galiza, entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz. A súa unión foi en abril do século XI, porén prometían compartir o fogar e coidarse o un ao outro "in totos dies et noctes, in omne tempus vel tempora".
Participarán no acto do día 13:
Eu tamén lerei algúns versos.
Vémonos alí!

Alicia Fernández
Andrea Nunes Brións
Antía Otero
Antón Fortes
Asunción Arias
Carlos Lixó
Fran Cortegoso
Gonzalo Hermo
Lois Diéguez
Luís González Tosar
María Rosendo
Marica Campo
Rosa Enríquez
Eu tamén lerei algúns versos.
Vémonos alí!
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
Alicia Fernández,
Andrea Nunes Brións,
Antía Otero,
Antón Fortes,
Asunción Arias,
Carlos Lixó,
Fran Cortegoso,
Gonzalo Hermo,
Lois Diéguez,
María Rosendo,
Marica Campo,
Rosa Enríquez
Abrindo portas á lingua
Esta é unha das fotografías que difundiu onte Europa Press da miña entrevista coa presidenta do Parlamento galego. Foi o primeiro encontro que tiven coa persoa que ocupa o cargo nesta lexislatura e debo sinalar que foi do máis cordial, a pesar das discrepancias de visión en aspectos centrais sobre o que significa termos un idioma propio e a vulneración de dereitos lingüísticos que se dan en Galiza.
A fotografía pode servir como metáfora tamén dunha porta que onte abriu a presidenta do Parlamento ao noso idioma na telefonía móbil. Pilar Rojo comprometeuse a que a próxima concesionaria de telefonía móbil do Parlamento terá que garantir a atención en galego. A licitación será antes de que finalice o actual período de sesións, polo que nun prazo máximo de dous meses poderemos verificalo.
Ademais de que simbolicamente sexa importante, esta condición axudará a concretar na práctica a aplicación da lei 1/10, que nos debería garantir os nosos dereitos lingüísticos na atención telefónica. Porén, a cantas de vós non vos responderon de má maneira por falardes galego, a cantos de vós non vos cortaron as chamadas, como se fose un problema técnico, polo feito de falardes na vosa lingua? Temos que conseguir fecharlle as portas á discriminación e abrirllas aos nosos plenos dereitos como cidadás e como cidadáns.

8 de abr. de 2011
A luta é alegria
Se se pode votar desde a casa, xa sabedes a quen podemos apoiar para que gañe Eurovisión:
Que mundo tão parvo onde para ser escravo é preciso estudar
Non é estraño que digan que é o actual himno xeracional en Portugal.
7 de abr. de 2011
A cabeza non para
A pesar deste bochorno tan impropio de abril e que me ten a cabeciña algo cansa, a intensa actividade destes días está a ser do máis interesante e enerxizante. Onte compartín visións sobre a situación do noso idioma e as alternativas de futuro con dous nutridos grupos de mozas e mozos de Sarria. Vin orgullo, inquedanza e ganas de saber.
Hoxe ao mediodía foi a vez dunha conferencia á que me convidaron estudantes de xornalismo da USC. Sentín moito non ter máis tempo para seguirmos falando e confrontando ideas. O diálogo final sacou á luz moitísimas cousas interesantes, grazas a unha posta en común das diferentes opinións que cada persoa ten na realidade.
E agora estou a piques de entrar na gravación dun debate para Televigo, que se emitirá esta noite. Será sobre a situación do galego no sistema educativo.
A miña cansativa axenda vaime facer imposíbel asistir este sábado ao acto que se desenvolverá en Celanova "En defensa do poleiro". Por favor, dádelle arroupo todas as persoas a quen vos sexa posíbel.
Continuamos!

6 de abr. de 2011
Aínda sobre a manipulación informativa da RTVG
A entrada que escribín un par de horas despois do telexornal do pasado domingo, pondo un exemplo das altas cotas de manipulación informativa a que chega a RTVG baixo o goberno de Núñez Feijóo, tivo nestes tres días un total de 6.500 consultas.
Porén, tal nivel de propaganda do partido do goberno abrindo un informativo da televisión pública non tivo case repercusión, alén de nas redes sociais Chúzame e Menéame, un artigo en Xornal e unha nova na portada de Galicia Confidencial. Dá para reflexionar que o que debería ser un escándalo pase como unha anécdota na maioría dos medios.
Polo lado bo podemos concluír que o feito de que haxa tantas visitas a esta nova en tres días tamén amosa que hai moita xente con ansias de poder obter unha información alternativa e con ganas de ter tamén presenza nos nosos medios públicos. Porque a sociedade galega non é monolítica, senón plural, diversa. Temos que andar ese camiño.
5 de abr. de 2011
A Xunta deixou 700 millóns de euros sen executar en 2010
Non debe pasar desapercibida a denuncia realizada por Guillerme Vázquez a pasada fin de semana: a Xunta de Galiza deixou sen executar (sen utilizar, vaia) do seu orzamento dispoñíbel para o ano pasado case 700 millóns de euros; en concreto, 694 millóns. Dese total, 379 millóns estaban consignados para gasto produtivo (obra e investimentos públicos) e outros 314 en apoio aos sectores económicos.
Pensade no grave aumento do paro en Galiza, na situación do sistema educativo, da sanidade pública, de como se van fechando ou reducindo servizos públicos e conquistas sociais coa escusa da crise, de como aumentan as cifras de nenas e nenos en familias no limiar da pobreza e volvede a ver a cifra: 694 millóns de euros.
E iso que Alberto Núñez Feijóo presume de ser un bo xestor, que se non...!

4 de abr. de 2011
Menos mal que nos queda Portugal
Velaquí a colaboración desta semana en Galicia Hoxe:
Menos mal que nos queda Portugal
Aproveitemos a nosa pertenza ao sistema galego-portugués!
Unha das peculiaridades máis importantes de Galiza a respecto dos outros territorios do Estado español con idioma propio diferente do castelán é a súa pertenza a un sistema lingüístico máis amplo: o galego-portugués.
O portugués, que na actualidade falan 250 millóns de persoas como idioma inicial e outros 20 millóns de persoas como segunda lingua, ten a súa orixe histórica en Galiza e no norte do actual Portugal, estendéndose despois cara ao sur e cara a outros lugares do mundo. Na forza demográfica, económica e cultural do portugués (sobre todo en Portugal e no Brasil) está unha das grandes potencialidades para avanzarmos na normalización do galego. Mais, até o de agora, non a estivemos a aproveitar.
Unha idea moi repetida que todas e todos aprendemos é que “galego e portugués naceron do mesmo tronco común, mais separáronse”. Tanto se insiste nas diferenzas e tan pouco se incide en todo o que aínda une as falas ao norte ao sur do río Miño que parece que todo o relacionado co mundo lusófono nos é alleo. Repítese o que nos separa, esquécese o que nos une. E esquécese, con iso, todo o útil que é o que nos une.
Se pertencemos a un determinado sistema lingüístico que ten unha situación normalizada e o apoio de grandes estados como Portugal e o Brasil, por que non aproveitamos esa oportunidade? Non nos empobrecemos lingüística e culturalmente virándolle as costas? Non nos pechamos as portas a oportunidades de desenvolvemento tamén económico?
Coas actuais innovacións tecnolóxicas, é posíbel conseguirmos, por exemplo, ver un filme dobrado ou lexendado en portugués ou comprar en portugués libros que na Galiza non se dan traducido ao galego. O mesmo acontece tamén con programas informáticos que non dan opción de galego.
Non hai dúbida de que, sobre todo en produtos de circulación masiva, cómpre que a sociedade galega demande que se recoñeza a súa personalidade propia e que o galego figure como opción. Porén, naqueles casos en que aínda non é así, que facemos? Non sería lóxico que acudísemos a outras versións do noso sistema lingüístico, como o portugués de Portugal ou o portugués do Brasil, en troca de nos abastecermos continuadamente a través da lingua española e dos seus circuítos culturais?
Rachemos tamén aquí coas inercias. A próxima novidade editorial que non haxa en galego, adquirámola en portugués! O próximo filme no cal poidamos escoller lingua, optemos por velo en portugués, a falta de galego! E así cun amplo etcétera. O contrario é irmos afortalando a situación de Galiza como un mero apéndice da cultura española.
Todo isto é para alén das disputas ortográficas, que se deben asumir tamén como un debate académico que é normal que exista en calquera lingua viva.
Comprender cunha fluidez alta calquera texto en portugués é factíbel cunha aprendizaxe de moi pouco tempo. Se aínda precisamos dedicarlle un tempo, dediquémosllo. Coñecendo mellor o portugués melloraremos ao mesmo tempo o noso galego e consolidaremos a nosa pertenza ao noso propio sistema lingüístico.
Na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias tamén se estabelece a obriga para o Estado español de adoptar un acordo bilateral con Portugal para fomentar a interrelación con Galiza, especialmente nas áreas de cultura e educación; mais aínda nada se fixo.
Desde a Xunta de Galiza tampouco se traballou para que se poidan recibir no noso país as radios e televisións portuguesas (é unha obriga sinalada pola Carta, que o Parlamento galego tamén apoiou por unanimidade). Resta tamén moitísimo por facer no ámbito da introdución da aprendizaxe do estándar portugués nos centros de ensino. Mentres escribo estas liñas, hai algunha provincia andaluza que, por si soa, lle gaña a Galiza en máis institutos que ofrecen o portugués como materia optativa.
Como conseguirmos que haxa portugués no instituto?
Nestes momentos, só as escolas oficiais de idiomas teñen profesorado específico de portugués; nos institutos, fanse cargo decote docentes da materia de lingua e literatura galega.
Se houber profesorado disposto, este debe solicitar que se inclúa a disciplina como “segunda lingua estranxeira” para a oferta educativa do curso seguinte. A proposta realizarase na Comisión de Coordinación Pedagóxica, para que despois se inclúa no Proxecto Educativo do Centro e se aprobe no Consello Escolar.
A segunda lingua estranxeira é obrigatoria en 1º e 2º da ESO e optativa en 3º e 4º da ESO e no Bacharelato. Desde a Associação de Docentes de Português na Galiza aconsellan que se inicie a oferta no primeiro curso de cada etapa e que se vaia ampliando progresivamente aos anos seguintes.
Se non somos docentes mais pertencemos á comunidade educativa, sempre podemos interesarnos pola posibilidade de que se ministre portugués. Lembremos que, ademais dos beneficios para a nosa cultura propia, ter coñecementos acreditados de portugués, co seu (contraditorio, mais así é) carácter de “lingua estranxeira”, abre moitas portas. Cun igual número de horas de dedicación, poderase alcanzar un nivel moi superior que en calquera outro idioma.
Ás veces en Portugal respóndennos en español
A maioría da poboación portuguesa vive tamén de costas á historia e á cultura de Galiza. Ademais, cando portuguesas e portugueses veñen de visita ao noso país, observan que a maioría dos rótulos, documentos, etc., están en castelán. Por se for pouco, é moi frecuente que sexan atendidos tamén nesta lingua, dentro deste esquema de ocultación do galego que fai que, “por educación”, non se use o noso idioma coa xente descoñecida.
Cando esteamos en Portugal e se dirixan a nós en castelán, expliquemos con amabilidade que poden falarnos en portugués “à vontade”, “pois nós somos galegos”. É aconsellábel que transmitamos que o motivo de que comprendamos e falemos así é a nosa orixe galega.
Veremos que a maioría da xente descoñece a nosa realidade (igual que a maioría das galegos e galegas descoñecen a realidade portuguesa), mais que tamén haberá algunhas e algúns que si saberán que a lingua que agora se usa en Lisboa se fala, desde moitos séculos antes, en Mondoñedo, Allariz, Boiro, Tui ou Ferrol. Que nos coñezamos mellor é un obxectivo en que aínda temos moito para sachar.

A TVG abre o telexornal indicando que o PP é "Un proxecto de futuro para Galicia"
Por favor, clicade nesta ligazón e mirade o primeiro rótulo do telexornal deste pasado serán. O informativo abre cun repaso en imaxes aos candidatos e candidatas do PP ás municipais e un burdo lema propagandístico que non ten ningunha información noticiábel.
Ademais da secundarización da nosa realidade política e da infravaloración constante da cultura galega, estamos ante uns informativos degradados á condición de boletín do partido gobernante.
Como cidadán, a nivel individual, vou enviar unha queixa ao Valedor do Pobo. Porque isto é demasiado.
[Actualización 12.48 h: Subín unha captura da imaxe do telexornal que fixo o usuario gukydjr de Menéame. Moitas grazas!]
[Actualización 13.54 h. Inclúo a imaxe pendurada por Galicia Confidencial, co lema propagandístico situado baixo Alberto Núñez Feijóo, Corina Porro e Carlos Negreira. Non sei por que o meu computador non me deixaba hoxe facer capturas...]

3 de abr. de 2011
Pedro e Muño: 950 anos
Ide anotando nas vosas axendas o seguinte evento que non vos podedes perder.
O 13 de abril ás 19 h na cafetaría Arias Nunes de Santiago (rúa do Vilar, 13), un grupo de poetas congregaranse para que non pase desapercibido o 950 aniversario da unión institucional entre os homes Pedro Díaz e Muño Vandilaz.
O lema da convocatoria é "Pedro e Muño: 950 anos. En todos os días e noites, para sempre. In totos dies et noctes in omne tempus vel tempora". O lema é unha cita literal do documento en que figura a súa unión, que vén a ser a institucionalización da relación entre dous homes máis antiga que conservamos en Galiza e unha das máis antigas de Europa. Mais, ollo, como digo sempre, o feito de que se conserve non quere dicir que sexa a máis antiga que existiu: é evidentísimo que iso non foi así.
Ficades convidadas e convidados! Gañemos a batalla da memoria, para coñecermos o pasado de xeito máis fidedigno e tamén para construírmos un futuro mellor!
2 de abr. de 2011
De Cedeira ás Pontes, pasando por Lugo e Ordes
Non pensedes que este é un este é un itinerario estraño despois de saír de Bande, non. Son unicamente dúas das últimas presentacións do libro En castellano no hay problema e dúas das próximas.
Na fotografía de arriba, temos unha imaxe de minutos antes de comezarmos coa ateigado acto de Lugo. A instantánea de abaixo pertence ao acto en que comentamos en Cedeira esta obriña, para aí pórmos en común visións sobre a situación do noso idioma e súas alternativas de futuro.
Grazas a Marica Campo, a Fernando Iglesias, a Carlos Vello, a Paz Díaz Pazos, a Cancio, a Ruco e, en xeral, a toda a xente que fixo posíbel ou participou destes actos. Danme ganas de darvos abrazos moi fortes a cada un!
Dous dos próximos actos serán en Ordes, o día 12 de abril, e nas Pontes, o 28 tamén deste mes. Iremos falando máis sobre eles.
1 de abr. de 2011
Por que o Consello da Cultura Galega dedica un congreso ao centenario de Álvaro Cunqueiro e non ao de Ricardo Carvalho Calero
Enviei para o Congreso sobre Álvaro Cunqueiro que organiza o Consello da Cultura Galega unha proposta de comunicación que leva o título "Por que o Consello da Cultura Galega dedica un congreso ao centenario de Álvaro Cunqueiro e non ao de Ricardo Carvalho Calero e outras reflexións sobre as canonizacións". Aínda que hoxe sexa o un de abril, non é brincadeira. Penso que é necesario deterse seriamente sobre a cuestión.
No ano 2010 a cultura galega viviu dúas importantes efemérides que non foron atendidas polas institucións culturais do país: o 125 aniversario da morte de Rosalía de Castro (considerada a autora central do sistema literario galego) e o centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero (primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na USC, primeiro novelista en galego no posguerra, escritor prolífico, historiador fundamental da literatura galega contemporánea, activista da normalización, etc.). A pesar do descoido oficial, si houbo movementos culturais populares que conseguiron que esas datas non pasasen desapercibidas.
Faise obrigado preguntar por que, porén, esas mesmas institucións culturais deciden en 2011 organizar actos de homenaxe polo segundo centenario de Xoán Manuel Pintos, así como un amplo programa por volta da vida e obra de Álvaro Cunqueiro. É o mesmo 2011 en que “esquecen” que se podería festexar tamén o 125 aniversario do nacemento de Daniel Castelao.
Cales son os criterios actuantes para decidir quen e como se homenaxea desde as institucións culturais? Como están constituídas estas institucións para que se produzan tales escollas? Cal foi a construción da imaxe de Álvaro Cunqueiro ao longo da autonomía, fronte á de Daniel Castelao, Rosalía de Castro ou Ricardo Carvalho Calero para que se privilexie a súa figura a nivel oficial? Que papel xoga(ro)n nisto a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a administración autonómica e, mesmo, as proxeccións curriculares do sistema educativo?
Assinar:
Postagens (Atom)