16 de abr. de 2011

16 de abril de 1061

Un día como o de hoxe, hai 950 anos, rexistrábase sen problemas en Rairiz de Veiga o emparellamento entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz. Ambos prometían ser "amicos bonos cum fide et veritate (...) in totos dies et noctes in omne tempus vel tempora", conviviren no mesmo fogar e coidárense o un ao outro. De se chamaren Pedro e Sara en troca de Pedro e Muño, ninguén dubidaría do evidente.

A contextualizar esta unión dedico unha parte do estudo Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, que chegará ás librarías dentro de poucas semanas.

De momento, deixo aquí unha reprodución do documento no Tombo de Celanova, cunha fotografía en preto e branco que tirei do Portal de Archivos Españoles. Cómpre recoñecer que se se acometeu a necesarísima dixitalización deste fondos medievais galegos, espoliados coa desamortización, foi grazas á presión constante do BNG.


3 comentários:

  1. pfffffffffffffffffffffff é ben certo que a historia naconalista é inventada, porque floto coa suposta parella gay

    bótalle unha ollada anda http://www.archive.org/stream/revistadearchivo13spaiuoft/revistadearchivo13spaiuoft_djvu.txt

    ResponderExcluir
  2. Ola!

    Grazas pola atención, mais o que fica máis claro é que a historia antinacionalista e homófoba ten escasa capacidade crítica. Se o único que fixeches foi procurar en Google a ver que che aparecía e nin o acabaches de comprender! :)

    Ese artigo de Hinojosa coñézoo ben, igual que o coñecía Boswell, que o tomou como primeira referencia para falar da unión de Pedro e Muño. En fin, que se en vez de procurares ás cegas na rede leses algo de bibliografía sobre o tema, xa darías moito antes con el.

    Se queres saber todo o que puiden sacar da precoz pesquisa de Eduardo Hinojosa podes ir ao capítulo 14 do meu libro "Amigos e sodomitas", en especial a páxina 162. Se queres, a partir de aí, podemos continuar a falar

    Unha aperta!

    ResponderExcluir