O vindeiro 30 de abril ás 19.30 h na sala Capitol de Santiago vaise desenvolver un acto de Queremos Galego coas actuacións musicais de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado, ademais das intervencións de persoas representativas de diferentes ámbitos da vida social. Serán voces e sons para reclamarmos o cesamento dos ataques que están a padecer a nosa lingua e a nosa cultura.
Para sufragar os gastos da actividade e apoiar a acción de Queremos Galego, as entradas custarán o prezo simbólico de 5 euros. Pódense reservar a través deste formulario electrónico (até completa aforo).
Deixo aquí esta cancionciña de Roberto Sobrado, "Lección de historia", para ir abrindo boca:
Nenhum comentário:
Postar um comentário