21 de abr. de 2011

A TVG e a falta de pudor

Hai un único partido que ten opinión sobre todo nos informativos da TVG. Esta captura correspóndese co Telexornal serán de onte:



O mesmo día de onte foi tamén o 25 aniversario da Mesa. Diso non saíu nada. Tanto espazo para o PP non deixa lugar para outras opinións e outras visións.

4 comentários:

  1. Hai tempo que vén ocorrendo isto, penso que habería que denuncialo e facer unha protesta seria.
    Eu teño dereito a ver a Galega o mesmo que os afiliados do PP, pero non podo, porque no telexornal só falan das obras e milagres deste partido. Todos os días saen ou o Feijóo ou os seus "amiguitos". Parece máis o NO-DO que un telexornal dun país democrático, e despois atrévense a criticar e chamar populista a Chávez, eles están a utilizar un medio que pagamos todos os galegos en beneficio propio.
    Que se podería facer para parar este abuso?

    ResponderExcluir
  2. Concordo totalmente co que dis. Temos que mirar de facer algo. O peor que nos pode pasar é dalo por natural.

    ResponderExcluir
  3. A min paréceme normal. O 25 aniversario da Mesa é unha noticia de pouca relevancia, ou polo menos non ten mais relevancia que as outras das que falas.

    Saúdos!

    ResponderExcluir
  4. Totalmente irrelevante, é certo. Igual que irrelevantes son as opinións do PSOE ou do BNG.

    ResponderExcluir