A andaina do Corrrelingua continúa con forza, a pesar dos paus nas rodas que pon a Xunta de Galiza.
Xa se desenvolveron as etapas de Compostela, o Baixo Miño, A Coruña, O Morrazo, Monterrei e Ferrolterra. Mañá será a vez da Estrada e A Mariña e, xa para a semana, este facho lúdico e reivindicativo do noso idioma chegará ao Carballiño, á Ribeira Sacra, a Pontevedra, ao Salnés, a Lugo, a Vigo e, por último, finalizará o 13 de maio en Ourense.
Mentres 45.00 mozas e mozos se moven en defensa do idioma que nos une, desde a plataforma Queremos Galego estamos a ultimar os moitos actos que se van desenvolver en varias localidades do país o propio día 17 de maio.
Paremos os ataques contra o galego! É hora de nos movermos máis que nunca!
http://youtu.be/9Chupj5kfms
ResponderExcluirApoiemos tamén os galegos a campaña pola oficialidá do asturianu dos nosos irmáns! Tamén hai unha campaña para que #asturies sexa TT en twitter. Non sei se estaría ben facer un comunicado de apoio!
Unha aperta
Non esquezas o problema serio que hai na franxa Eo-Navia, onde se quere destruír o galego converténdoo nun pseudodialecto asturiano.
ResponderExcluirMesmo o Consello de Europa advertiu desta grave situación, onde por unha banda se negan os dereitos lingüísticos á poboación que fala galego historicamente nese territorio e, pola outra, cando hai algún recoñecemento, por mínimo que sexa, é para que perda a súa nítida identidade.
Sobre a situación, recoméndoche este libro que podes ler ou descargar en pdf: http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/A%20xente/E_INFORME_EONAVIEGO.pdf