4 de mai. de 2011

O asasinato extraxudicial de Osama Bin Laden

Hai demasiadas incertezas e contradicións sobre a morte de Osama Bin Laden. Talvez unha das cousas máis estrañas sexa a entrevista a Benazhir Butto, presidenta de Paquistán, que un mes antes do seu asasinato comentaba nunha entrevista na televisión, e como quen non quere a cousa, que un tal Omar Sheikh foi o responsábel de matar a Bin Laden. O entrevistador nin se inmuta, como se pode ver a partir do minuto 6:



Navegando un pouco pola rede, poderanse encontrar moitas máis incongruencias, que o relato oficial ou os relatos oficiais dos USA non fan máis que acrecentar. Din que non queren crear un centro de peregrinación (exemplo de idolatría que, por certo, sería incompatíbel coas crenzas do executado) e o que na realidade están a conseguir (de forma inocente?) é aumentar a importancia do mito, dese axente que os propios USA se encargaron durante lustros de alimentar e robustecer.



Por moito que deteste a figura de Osama Bin Laden, non podo menos que condenar este asasinato extraxudicial, máxime cando, segundo os últimos datos, decidiron executalo de forma inmediata a pesar de que estaba desarmado, para despois pórenlle cemento nos pés e lanzalo ao mar. Como ben recorda Ignacio Escolar, a xustiza non é iso.

4 comentários:

  1. O mais patético de todo foi dar-lhe o nome clave de Jerónimo ao Osama Bin Laden no operativo que resultou neste assassinato extrajudicial.

    Em realidade Jerónimo foi un Apache Chiricahua admirado por moitos pola sua resistência à colonizaçom. Moita gente nos EUA já denunciou este uso racista do nome do líder originário americano:

    http://on.wsj.com/ih820b

    ResponderExcluir
  2. Se aplicáramos a linguaxe e os criterios do propio sistema ao que fixeron os comandos da US Navy no Paquistán, é evidente que os feitos poden ser presentados como un exemplo de TERRORISMO DE ESTADO.

    ResponderExcluir
  3. Se callar, Benazhir Bhutto estaba errada. Disque a mesma Al-Qaeda confirmou a recente morte de Osama:http://g1.globo.com/morte-de-bin-laden/noticia/2011/05/al-qaeda-confirma-morte-de-bin-laden.html.

    Se é verdade que o mataron, coincido en que foi unha mágoa que non levasen o Osama bin Ladin a Nova Iorque para axuizalo. Prefiro pensar que os asesores de Obama estudaron meticulosamente todas as posibilidades antes da operación, polo que terían as súas razóns para matalo en Abbotabad. (Quizais para evitar asasinatos-chantaxes de inocentes para exixir a liberación de Osama, similar o que fixo ETA con Miguel Ángel Blanco en 1997).

    ResponderExcluir
  4. Anónimo do 4 de maio: Concordo coa ofensa de usar ese nome. É como cando lle poñen nomes do noso país a barcos do Exército español para guerras imperialistas.

    Félix, tes toda a razón.

    Anónimo do 6 de maio: A min o que máis me estraña non é o que diga Benazhir Butto, senón a nula estrañeza por parte do entrevistador, que non lle concede ningunha importancia a un dato que en teoría sería moi revelador.

    Sobre o que confirme ou desminta Al Qaeda tendo en conta a que nos din que é a súa estrutura, a verdade é que non lle dou moita credibilidade.

    O último que dis paréceme unha enorme barbaridade. Con esa lóxica, habería que matar sen xuízo previo a todos os sospeitosos de pertenceren a calquera grupo terrorista ou supostamente terrorista? A onde nos levaría esa loucura?

    ResponderExcluir