Recordo ben aquel sábado, véspera inmediata das eleccións, en que un dos caciques do PP na miña parroquia (Castiñeiras, en Ribeira) repartía as papeletas polas casas, chamando ás portas e entregándoas en man. A min soábame pola televisión que era xornada de reflexión, mais eu era un neno e aínda non sabía que iso que facía era totalmente ilegal.
Recordo que ese cacique en cuestión lle preguntara a miña nai polos seus catro fillos e que, todo sorrinte, dicía que xa iamos maiores e axiña nos poderiamos afiliar ás xuventudes do PP, que así se conseguían traballiños, por exemplo para limpar as praias. Tentaba xogar coas nosas dificultades económicas para comprar os votos da familia a cambio de favores. En fin, queredes que o adxective?
Veume hoxe á memoria esta anécdota da infancia (estou falando de comezos da década de 90) cando escoito os bramidos do PP e do seu coro mediático contra o feito de que haxa xente concentrada e reunida en asembleas para debateren o que consideren xusto, estéase de acordo ou non. Ou é que só se pode admitir que a xente se reúna nas prazas públicas se se está de acordo? Que concepción da democracia é esa?
Xa poderían escandalizarse do mesmo xeito pola tendenciosidade das portadas de hoxe de La Razón e ABC, ou por como Mariano Rajoy pedía na xornada de reflexión de 2004 -desde as páxinas de El Mundo- a maioría absoluta para o PP, ou por como este mesmo líder se comportou facendo campaña en Lorca aproveitando a desgraza de forma oportunista mentres o resto dos partidos suspendían os seus mitins, ou como o actual presidente da Deputación de Ourense recoñeceu de forma prepotente que cambiou o voto dunha parella en plena xornada electoral, ou...
P.S.: Reparade na portada do ABC. Mariano Rajoy pide o cambio acompañado dunha candidata e dun candidato que agora mesmo gobernan. Interesante mensaxe subliminal.
tiñas amigos de pequeno??????
ResponderExcluir@Anônimo: É ti, tes algo cerebro?
ResponderExcluirCon respecto a entrada, moi interesante, Carlos, como todos os artigos que lin por aquí.
Anónimo: xDDDDD
ResponderExcluirMaría: Grazas. Unha apertiña!
os nacionalismos so conducen as guerras, e vos fomentadelas.
ResponderExcluirO BNG votou sistematicamente contra todas as guerras no Congreso e no Senado. O PP e o PSOE, non.
ResponderExcluirDon't feed de troll ;)
ResponderExcluirBo consello!
ResponderExcluirPor certo, acabo de agregar o teu tumblr ao meu blogrollo, que non o coñecía!
Onde digo blogrollo, quero dicir blogroll ;)
ResponderExcluirPois ten coidado non hiperventiles. Cada vez o ambiente farase máis e máis insoportable. Ti xa sabes a qué me refiro.
ResponderExcluirAnónimo: Agardo que sexa un acertixo e non unha ameaza.
ResponderExcluir