24 de mai. de 2011

Toca organizármonos!

Esta semana voume facer tripulante da Sala NASA, de Santiago de Compostela, inxustamente difamada polo que vai ser o novo alcalde de Santiago de Compostela. As veciñas e os veciños desta cidade imos precisar máis que nunca espazos de liberdade e cultura como é este.

Agardemos que, no entanto, o que será o novo alcalde saiba actuar con humildade e aparque a arrogancia tan característica nel. Debería lembrar que vai ser o presidente da corporación por tan só 11 votos, que foron os que lle faltaron ao BNG nesta cidade para non conseguir un concelleiro máis e así manter o bipartito. Para que despois digan que non importa cada voto!

E, en fin, se aínda non estades afiliados á Mesa, xa vedes que hai ataques contra o galego que van ser máis feroces.

Por certo, hoxe e mañá impartirei un obradoiro en Pontevedra sobre como defendermos os nosos dereitos lingüísticos. Se estiverdes interesadas ou interesados, vémonos esta tarde ás 17 h na Biblioteca Pública Antonio Odriozola (rúa Alfonso XIII, 3).

Toca organizármonos! Non llo imos pór fácil, ou?

13 comentários:

  1. hay bastantes mais problemas na sociedade que andar defendendo o galego, cada un que fale o que lle pete, eres moi cansino ti e mais bieito lobeira(outro que ven baila)

    ResponderExcluir
  2. Para ser tan pouco importante ben que pasaches toda a tarde de hoxe póndome comentarios no blogue ;)

    ResponderExcluir
  3. Pobre Beiras. Viva o medo.

    ResponderExcluir
  4. E hoxe voltas a trollear. Ai, pacienciña.

    Xosé Manuel Beiras é un exemplo de defensa da lingua galega e de Galiza. Non o uses como escudo.

    Son tristes os teus vivas ao medo.

    Pacienciña...

    ResponderExcluir
  5. No, si tú podrás pensar lo que quieras. La cuestión es qué pensará él de vosotros y de lo que le estáis haciendo al Bloque. Paciencia la que tiene que tener ese buen hombre.

    ResponderExcluir
  6. Moi ben lle queres ti ao Bloque para darlle consellos

    ResponderExcluir
  7. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/02/12/irmandinos-beiras-dejan-bng/00031329071795275154628.htm

    Y ahora, Carlos... ¿sigues teniendo pacienciña? ¿Quién te va a querer a ti ahora?

    ResponderExcluir
  8. Se escuda en la callada por respuesta. ¡Patética!

    ResponderExcluir
  9. Viva Beiras. Abajo la mafia cultural (es decir, lingüística).

    ResponderExcluir
  10. Cantos trolls tes por aquí, Carlos.

    ResponderExcluir
  11. Sí, sobre todo troleros. Adiós Carliños, ha sido placer haberos metido tanta caña. Y recuerda que la próxima vez que os dé por fedellar con Galicia, nosotros -la mayoría- vamos a estar aquí.

    Y devolvednos la lengua de una vez, hombre...

    ResponderExcluir