1 de jun. de 2011

Agora van a por València e as Balears

O modelo retrógrado para a lingua galega no ensino que se impuxo desde a rúa Génova de Madrid agora queren estendelo a València e ás Illes Balears, onde a sociedade comeza a organizarse para parar esta barbaridade.

Con este motivo, publican hoxe no diario electrónico Vilaweb a seguinte entrevista, onde fago unha apurada síntese do que aconteceu nos dous últimos anos no noso sistema educativo e tamén poño en valor o feito de que as maiores mobilizacións que se deron en Europa nos últimos anos en defensa dunha lingua foron aquí en Galiza.

Xa advertimos no seu día de que o noso país foi, é, para o PP un banco de probas. Foino do comezo da involución. Serao do comezo do seu fracaso.


4 comentários:

  1. Non está mal ser segunda nova do dia en Vilaweb. É o medio electrónico de referencia en catalán.

    ResponderExcluir
  2. Moltes gràcies per fer-nos costat!!

    Una abraçada

    ResponderExcluir
  3. Temos que apoiarnos os uns aos outros. Moita forza!

    ResponderExcluir